Luns. 13.05.2024
El tiempo

O pavillón de Fisterra acolleu a festa do futbito

Vimianzo campion Prebenxamin das Ligas LFCS
O EFM Vimianzo proclamouse campión da Liga Prebenxamín
O pavillón de Fisterra acolleu a festa do futbito

Acollía o Pavillón de Fisterra este sábado 27 de abril o Campionato comarcal da categorúa prebenxamín das Ligas comarcais de FS. Unha festa das familias e dos pequenos cativos que disfrutaron dunha tarde de deporte.

Xogaban os 4 clasificados da fase regular, que se disputou toda esta temporada en formato de concentracións (as categorías Bexamín e Alevín xogan formato ligueiro).

Final Prebenxamin nas Ligas Comarcais de Futbol Sala en Fisterra
Gran ambiente familiar

Arrincaban as semis co Vila de Cee vencendo a EF Fisterra por 0-4, mentres que na outra, o EMF Vimianzo goleaba ao Cabana por 1-9.
Os fisterráns quedaron de 3º tras vencer 7-3 ao Cabana, e foi o EMF Vimianzo o que se alzou co título tras vencer 2-9 ao Vila de Cee.

O campión xogará a fase Provincial na zona de Ferrol o sábado 8 de xuño.

Vila de Cee futbito prebenxamin
O Vila de Cee 
EF Fisterra Prebenxamin nas Ligas Comarcais de Futbol Sala
EF Fisterra 
Prebenxamins do Cabana nas LCFS
Prebenxamins do Cabana nas LCFS

AS TÁBOAS EN WWW.FUTBOLDACOSTA.COM

 

CRÓNICAS DO CURSO PASADO DAS LCFS

Comentarios