Venres. 03.05.2024
El tiempo

O Outes Infantil, primeiro campión das Ligas da Costa

Outes Infantil campion Liga 23-24
O Outes Infantil, primeiro campión das Ligas da Costa

Celebrou o Outes o título da Liga Infantil no Cunchido. Os da Serra empataban na casa co Cee na penultima xornada da Fase polo título e se alzaban como primeiros campións das ligas da Costa de base.

Outes-Cee de Infantis
Imaxe do choque Outes-Cee
Plantel do Outes FC infantil
Plantel do Outes FC infantil

Xuvenís e Cadetes

Mentres, en Xuvenís, Xallas e Dumbría manteñen unha fermosa loita viva polo título. A falta de 3 xornadas o Xallas ten un punto máis que o cadro dumbriés, pero cun partido máis, e co Dumbría-Xallas da última xornada como momento espectacular.

Mentres, en Cadetes o Dumbría está máis preto do título, pois suma 5 puntos máis que o Soneira a falta de 4 xornadas.

Comentarios