Sábado. 04.05.2024
El tiempo

3ª Galicia: Sofán B, Corcubión e Soneira poderían rematar a liga nun triple empate

  • O Sofán B perdeu unha ocasión de ouro para encarrilar o ascenso directo.
  • O Malpica cólase no posto de promoción mentres o Zas supera ao Cerqueda.
Sporting Zas-UD Cerqueda en San Andres-Foto-Noe TOurinan2
Imaxe do Sporting Zas-UD Cerqueda en San Andrés-Foto-Noe Touriñán
3ª Galicia: Sofán B, Corcubión e Soneira poderían rematar a liga nun triple empate

Perdeu o filial do Sofán en Laxe unha ocasión inmellorable para deixar enfiado o ascenso directo, pero pagou a súa inexperiencia e malia ter chegado a colocarse 1-4, deixou escapar 2 puntos de ouro. O Corcubión sufría para sacar os 3 puntos ante o Nantón, se ben o Soneira non foi capaz de sacar nada positivo de Fontenla, ante un Xallas que está facendo historia e xa é o único equipo invicto de todo o fútbol da Costa, despois da derrota do Corme feminino ante o Ponteceso. Quedan así os carballeses con 3 puntos por diante de Corcubión e Soneira, pero cun partido máis, polo de sacar adiante o que resta de liga rematarían empatados nun triple empate nesa 2ª praza.

Así, en caso de rematar en triple empate, o Soneira quedaría por diante, por sumar 7 puntos nos choques directos, polos 6 do Corcubión e os 4 do Sofán B.
En caso de que algún falle, o Corcubión ten o golaveraxe individual gañado cos dous equipos, mentres que o Soneira teno co Sofán B. A cousa estará que ferve ata o final.

A loita pola promoción

Pero ademais, como está a loita pola promoción. Trala aliñación indebida do Lira, que lle daba os 3 puntos ao Malpica da semana pasada, a última praza de promoción queda case de infarto para as últimas 3 xornadas.
O cadro malpicán non fallaba ante a visita do pechacancelas, e se mete nesa 6ª praza, cun punto de vantaxe agora sobre o propio Lira, o Cerqueda, e a 2 do Zas. Era a xornada de descanso do cadro liracho, mentres en San Andrés decidíase tamén esa praza. O Zas superaba ao Cerqueda, e se mete tamén na batalla.

Xallas - Soneira (2-1)

  • Xallas: Iván Couto, Iván García, Adrián, Adrián Forján, Nando, Jose, Asier, Steven, Doro, Sergio Barbeira e Rubén Sande. Tamén: Rubén Blanco, Fabián, Joel, Ramón, Sergio.
  • Soneira: Martín, Javi Lema, Senra, Javi Lavandeira, Héctor, Quiles, Oreiro, Richi, Brais, Vía e Yuyo. Tamén: Dono, Álvaro Quintáns, Dani Costa, Adrián Sendón e David.
  • Goles: 0-1, m.9: Vía de penalti; 1-1, m.80: Rubén Sande; 2-1, m.95: Rubén Blanco de penalti.

Adiantouse cun penalti o Soneira, pero pouco a pouco tiña máis chegada, máis posesión o cadro de Doriño. Un 0-0 tería sido máis xusto, con todo.

Co paso dos minutos o cadro xalleiro foi envorcando o campo tras igualar na zona de finalización, e arriscar o medio. Pero o Soneira aguantaba. A velocidade de Rubén Blanco na segunda foi clave, e despois de avisar cun balón ao pau e varias xogdadas clave, aparecía a 10 do final Tiburón das Caselas, que marcou o seu gol nº20, para empatar. E xa no último segundo, penalti a favor do Xallas, protestado polos visitantes, que define Rubén Blanco.

Buño - Oza (0-0)

  • Buño: Paco, Miguel Dourado, Martín, José, Javi, Hugo, Fran, Andrés, Eloy (Jorge Calvete), Breo e Brais.
  • Oza: Brais, Moreno, Raúl (Vilariño), Isac, Diego (Dani), Lavandeira, Alex Freire, Archi (Edu), Nacho, Hugo (Aron) e Abib.

Firmaron as táboas case que antes de comezar os dous equipos, que non se xogaban nada, cun choque con moitos erros e pouco fútbol e poucas ocasións.

Malpica - Ameixenda (8-0)

11 do SCD Malpica 2024
O Malpica métese de cheo na loita pola promoción
  • Malpica: Lamas, Jorge Parga, Fran Pombo, Diego, Lou, Samuel Periscal, Arcay, Cristian, Miguel, Aday e Chicha. Tamén: Nacho, Moussa, Nando Cabeza, Ibra e Alberto Hombre.
  • Ameixenda: Costa, Dani, Lagoa, Cristian, Barreiro, Torices, Brais, Rois, Alex, Óscar, Canosa. Tamén: Pikita.
  • Goles: Diego, Lou (3), Chicha (2), Ibra e Aday.

Ponse de cara a cousa a este Malpica de David Baña, que ademais de golear e recuperar sensacións ve como recupera xogadores claves como Alberto Hombre ou Ibra, que marcou o seu gol nº25, os mesmos que os de César Lojo e só a 4 de Adrián Vázquez.

O Ameixenda, de novo con innumerables baixas, abondo fai con ir acabando os partidos sen crear líos.

Laxe - Sofán (4-4)

  • Laxe: Diego, Guzmán, Manuel, Íker, Fran, Pedro, Samuel, Bieito, Saleta e Martín Carrabete. Ramén: Eliseo.
  • Sofán: Mario, Raúl, Borja Viaño, Manu Cancela, Brais Calbo, Ceide, Nacho Moreno, Ba, Nacho Eirís, Villajos e Adrián Vázquez. Tamén: Marcia, Eloy Cabeza, Manu Castro, Pablo e Alex Iglesias.
  • Goles: 0-1, m.2: Ba; 0-2, m.32: Adrián Fraga 1-2, m.41: Martín Carrabete; 1-3, m.58: Nachete Moreno; 1-4, m.66: Nachete; 2-4, m.76: Bieito; 3-4, m.80: Bieito; 4-4, m.93: Martín Carrabete tras un saque de banda longo.

Partido de tolos nun venteado Rogelio Martínez-Cabo Darea, cun cadro visitante que comezaba moito mellor, aproveitando os erros defensivos do Laxe. Se sen o mellor partido dos de Barca, si que dominaban e eran superiores, tendo algunha ocasión máis antes que de Carrabete metese de novo aos laxenses no partido antes do descanso.

Co cambio de esquema, e saíndo cunha marcha máis, o Sofán colocaríase pronto 1-4. Pero aí souberon ler o partido os carballeses, que esta vez si pecaron da inexperiencia propia da xuventude dun filial. Seguían buscando a área contraria e o Laxe colleulles ás costas da defensa en dúas boas internadas de Bieito que deixaban o choque completamente aberto para os últimos 10 minutos. Seguiu empurrando a base de coraxe e corazón o Laxe e no último saque de banda, Carrabete facía o empate, que tanto doe no Carral.

Zas - Cerqueda (2-1)

11 do Sporting Zas ante Cerqueda-Foto-Noe Tourinan
11 do Sporting Zas ante Cerqueda-Foto-Noe Touriñán
  • Zas: Pereiras, Anxo, Andrés, Marcos, Juan Touriñán, Rubén Forján, Ronny, Brais, Dani Mato e Javi Suárez. Tamén: Solís, Álvaro, Alvite, Raúl e Estefan.
11 do UD Cerqueda en San Andres-Foto-Noe Tourinan
11 do UD Cerqueda en San Andres-Foto-Noe Touriñán
  • Cerqueda: Jose, Verdes, Dani Reixía, Rubén, Iván, Joel, Íker, Añón, Gus, Eloy Suárez e Suso. Tamén: Julián, Dani Varela, Hugo Fraga, Palermo e Sergio.
  • Goles: 1-0, m.29: Brais; 1-1, m44: Dani Reixía de penalti; 2-1, m.88: Juan.
Sporting Zas -UD Cerqueda en San Andrs-Foto-Noe Tourinan
Gran ambiente en San Andrés-Foto-Noe Touriñán

Partido tremendamente disputado pola loita dos playoffs de ascenso, tamén cun bo ambiente en San Andrés. Empezaba o Cerqueda moito mellor no primeiros compases do partido tendo un pouco máis do control da pelota e moi serios atrás, polo que no partido reinaba o mediocampismo. A raiz de que foron pasando os minutos o Zas foise desesperezando e collendo un pouco mais de alegría en ataque co que foron chegando os primeiros córners e achegamentos ata a portería do Cerqueda. Ata que despois da pausa de hidratación Brais recolle un balón na área despois dunha boa xogada de ataque e adianta aos de Forján e Pereiro.

Buscou o segundo aí o cadro local, pero os de Uzal atoparon o empate dende os 11 metros tras unhas protestadas mans dentro da área.

Sporting Zas -UD Cerqueda arbitrado por Luis-Foto-Noe Tourinan
 Luís Insua arbitrou o choque-Foto-Noe Touriñán

O Zas necesitaba gañar para meterse na pelexa, e arriscou, convertindo o choque nun ida e volta que puido caer para calquera lado. As opcións máis claras, para os locais a balón parado, e de feito foi nun saque de banda como o Zas marcaría, xa nos últimos minutos o gol da vitoria. O cadro visitante tivo algunha contra para terse posto por diante, pero os puntos quedaron en San Andrés e a praza de promoción segue moi viva.

Sporting Zas celebrando un gol ante o Cerqueda-Foto-Noe Tourinan
Sporting Zas celebrando un gol ante o Cerqueda-Foto-Noe Touriñán

Corcubión - Nantón (3-2)

  • Corcubión: Bruno, Martín, Fuentes, Antu, Isaac, Alán, Gorka, Luis, Nando, César e Lema. Tamén Mario e Pablo.
  • Nantón: Guille, Xoel, Adrián, David Fariña, Caros Vidal, Fran, Sevillano, Javi Muíño, Redondo, Iván Moreira e Alberto. Tamén: Jose, Miguel, Santi Moreira e Tato.
  • Goles: 0-1, m.5: Redondo; 1-1, m.21: Fuentes; 1-2, m.63: Iván Moreira; 2-2, m.84 Gorka; 3-2, m.94: Mario de penalti.

Partido moi malo por parte dos locais, se cadra un dos peores da tempada no que o calor pesou sobre os xogadores. Adiantouse moi pronto o Nantón nunha perda local na saída de balón. Ao Corcubión costoulle meterse no partido pero lograría empatar nun testarazo de Fuentes nun córner. Xa na segunda o equipo local tentou ir polo partido pero de manera imprecisa, o que fixo que os visitantes se puxeran de novo por diante. O Corcubión foise ó ataque con máis corazón que cabeza e conseguiría empatar contra o final de partido por medio de Gorka tras pase da morte de César e conseguiría xa in extremis poñerse por diante cun gol de Mario de penalti no tempo engadido, por un agarrón nun córner, xogada moi protestada polos visitantes.

Pereiriña - Seaia (3-2)

  • Pereiriña: Isma, Eloy, Pablo Trillo, Oca, Esteo, Chiru, Fabián, Maelo, Martin, Anton Lestón e David Marcote. Tamén: Brais Lagoa, Tito e Jose.
  • Seaiai: Anxo, Samuel, Martín Costa, Joel, Diego, Luisma, Sergio, Mara, Charro, Juni, Bastón . Tamén. Pablo e Jose.
  • Goles: 1-0, m.1: Martín; 1-1, m.40: Mara; 1-2 m.58: Samuel; 2-2, m.63: Brais Lagoa; 3-2, m.86: Brais Lagoa.

Partido moi igualado, moi disputado, con ocasións moi claras para os dous equipos, con alternativa no marcador. Adiantáronse os locais de Joaquín Quintáns nada máis comezar, pero o Seaia de Dani Calvete tomaba o mando, e tras varias ocasións empataba un córner.

Na segunda, chegaba a xogada polémica do choque que provocaba a doble expulsión do local David e do visitante Mara, xusto cando Samuel facía o segundo para os visitantes. Pero aí o cadro local meteuse mellor no partido, e Brais empataba e xa no último treito daba a vitoria aos ceenses.

CRÓNICAS DA 3ª GALICIA

MÁIS INFO

Comentarios