Sábado. 04.05.2024
El tiempo

A Festa do Bosque de Carballo trasládase ao 1º domingo de xullo

A Festa do Bosque de Carballo trasládase ao 1º domingo de xullo
/un-cartel-asturiano-alicantino-para-o-san-xoan-carballes/ A Festa do Bosque terá lugar o día 3 de xullo As Eleccións Xerais do 26 de xuño obrigan a cambiar as datas da Festa do Bosque. Así o decidiu a comisión de festas do San Xoán de Carballo, polo que a festa celebrarse o 3 de xullo. Con esta decisión, que se viña barallando a raíz da convocatoria de Eleccións Xerais e que se adoptou tras escoitar a diferentes sectores sociais, a asociación cultural San Xoán pretende, por unha banda, facilitar que todo o mundo poida gozar dun dos días grandes das celebracións patronais de Carballo e, por outra, racionalizar o traballo do persoal municipal - tanto administrativo como de obras - e dos efectivos de seguridade e emerxencias. Tanto a asociación cultural San Xoán como a concellería de Festas de Carballo entenden que o traballo engadido que suporía a Festa do Bosque significaría un sobreesforzo excesivo, ademais de que a posibilidade de formar parte das mesas electorais ou do amplísimo equipo humano involucrado nuns comicios privaría a moitos carballeses e carballesas da posibilidade de gozar dun dos actos máis familiares e arraigados do noso San Xoán.
Segundo indican dende a organización, "o caso de Carballo non é único, xa que tamén barallan cambios de data noutras localidades que celebran as súas festas a finais de xuño·. A convocatoria das Eleccións Xerais, de feito, está a provocar suspensións e aprazamentos en todo o territorio estatal. Así, por exemplo, os Campionatos de España de Ciclismo, previstos para o 26 de xuño en Alicante, adiantaranse para evitar a coincidencia cos comicios.
O aprazamento da Festa do Bosque non significará, no entanto, que non haxa actividades o domingo 26. Todo o contrario. A animación propia do San Xoán manterase durante toda a xornada, que ademais coincide coa feira, e intensificarase pola noite, tras o peche dos colexios electorais, coa verbena e a sesión de fogos artificiais.

Comentarios