Luns. 06.05.2024
El tiempo

Cataventos segue achegando o mar ás aulas de 13 colexios da comarca

O Mar na Escola Xogando co Vento en Corcubion
O Mar na Escola pola ría de Corcubión
Cataventos segue achegando o mar ás aulas de 13 colexios da comarca

A piques de chegarmos ao mes de maio e os 336 alumn@s de 13 centros de ensino avanzan no desenvolvemento do programa “O Mar na Escola 2024, Xogando co Vento”. O pioneiro proxecto da Escola de Vela de Cataventos, alcanza este ano a 19ª edición levando o mar ás aulas, ao programa educativo. Así, despois das sesións teóricas sobre o noso mar, os colexios xa están realizando as primeiras saídas para disfrutar do mar a través da vela e/ou o piragüismo.

Xa se puxeron traxe de neopreno na ría de Corcubión os alumnos e alumnas de Cee (Colexio Manuela Rial Mouzo e CEIP Vila de Cee) de Dumbría (CEIP Santa Eulalia) de Fisterra (CEIP Mar de Fóra, CEIP Areouta e Colexio Na Sa del Carmen) de Corcubión (CEIP Praia de Quenxe) de Carnota (CEIP do Pindo, CEIP de Carnota). Queda para os meses de maio e xuño o alumnado dos centros de Muxía (IES Ramón Caamaño, CEIP Virxe da Barca, CEIP Os Muiños e CEIP Villarmide), que o farán dende o propio porto muxián.

Teoría e práctica

O programa, apoiado por Stolt Sea Farm, inclúe unhas sesións teóricas previas cuxo obxectivo é familiarizar a estudantes co mundo mariño a través de sesións formativas sobre: ​​Vida no mar, o seu coidado e conservación; Que é a acuicultura, a importancia da acuicultura e a súa convivencia coa pesca para a sustentabilidade e a conservación dos ecosistemas naturais, así como para a economía das nosas zonas costeiras; A observación de o noso medio antes de saír a navegar, axúdalles a comprender as mareas, as correntes e Vento, así como os seus elementos de medida.

Igual de necesarias, pero máis esperadas e divertidas, eson as saídas ao mar, utlizando barcos de vela lixeira e kayaks de mar. Ademais, no buque adestramento aprenden sobre a importancia do traballo en equipo e Teñen a oportunidade de practicar manobras nas distintas posicións a bordo (temón, foque, principal, facer banda).

Podeder ver a escolma de fotos por centros.

Concurso

O alumnado ultima tamén os detalles para a entrega dos debuxos para o VI CONCURSO DE DEBUXO Stolt Sea Farm 2024 “Rodaballo Prodemar: Saudable e Sostible” agora que o prazo remata a finais de maio.

Máis novas do programa

 

Comentarios