Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Marea de roupa solidaria de Corcubión a Guinea-Bissau

Anton Leston roupa a Guinea Bissau
Anton Lestón coa roupa deportiva camiño Guinea Bissau
Marea de roupa solidaria de Corcubión a Guinea-Bissau

Non imaxinaba Antón Lestón a marea solidaria do mundo do deporte da Costa da Morte co continenta afrocano. Xa o puidemos comprobar a familia de QPC cando enviamos a Angola varias caixas de roupa deportiva en 2018, e así o corroborou este corcubionés este mes de marzo.

Lestón é un coleccionista de camisetas de fútbol dende pequeno. Ten centos delas, pero moitas, co desgaste xa perderon a clásica publicidade, polo que non as precisa gardar. Tiñas gañas de facer unha doazón, e facendo unha reportxe para La Voz sobre Iano, o xogador do RC Deportivo, afondou sobre a realidade un dos 7 países máis pobres do mundo, Guinea-Bissau, onde só hai campo de herba natural e outro de herba artificial en todo o país.

Lembrou aí un contacto: unha compañeira da universidade, a avogada viguesa Laura Vázquez, que resulta é a filla de Julio Vázquez, Cónsul honorario de Guinea Bissau.

Nunha das súas viaxes, Vázquez veu de primeira man o traballo da escola Inter GB, Inter Guinea Bissau, fundada por Wilson Pereira en 2013 como escola de fútbol, e que traballa con 700 nenos cada semana, ofrecéndoles, ademais da formación deportiva, un bocata e unha botella de auga ao día.

Roupa deportiva de Corcubion a Guinea Bisau

Tiña decidido facer un envío de material así que pediu axuda nas redes sociais e moita xente da comarca se puxo mans á obra a ceder material gardado nos almacéns, en boa calidade. Moitas xentes das Carreiras populares da comarca, o Concello de Fisterra, Fisterra de Veteramos e máis de 20 particulares se puxeron en contacto con Antón, que vén de xuntar entre 500 e 1000 prendas deportivas.
Ao final vai de todo, ademais de camisetas, van medias, pantalóns, chanclas, chándales, chuvasqueiros, mochilas…

Esta pasada mañá de mércores saia camiño de Vigo, onde está a sede de Kinankoy, a Asociación que ten a familia Vázquez co Antonio Núñez, ex xogador do Celta, creadora da escola deportiva.

Máis novas

Comentarios