Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Os Contos do Mar recuperan tamén as Historias de Vida de Corcubión

sesion-historias de vida-no Pindo
Unha das sesións do proxecto Contos do Mar no Pindo
Os Contos do Mar recuperan tamén as Historias de Vida de Corcubión

Contos do Mar, o proxecto desenvolto pola Confraría do Pindo en 2020, é probablemente un dos mellores proxectos de recuperación do patrimonio inmaterial da última década. Os relatos de vida de case un cento de mulleres dos Concellos de Carnota, Dumbría e Fisterra quedaron rexistrados nunhas marabillosas audioguías gracias a esta iniciativa que contou co apoio do GALP.

E collendo ese relevo, a Concellería de Cultura, Benestar, Igualdade e Muller do Concello de Corcubión vai aproveitar o traballo feito para recoller as Historias de Vida das mulleres da vila de San Marcos.

O día 3 de abril ás 18,30h celebrará a primeira sesión informativa aberta á veciñanza na aula do porto (Edificio de Protección Civil), á que están invitadas todas as persoas maiores de 70 anos veciñas de Corcubión. Unha cita para “ir fiando conxuntamente a memoria biográfica e memoria histórica da vila”. Os materiais que se vaian recollendo, capaz de relatar unha parte da historia e memoria da cultura mariñeira do pobo.

Historias de Vida Corcubion Contos do Mar

”Contos de Mar ponse en marcha dando continuidade a un compromiso da Concellería por favorecer os procesos de recuperación e colectivización da memoria da veciñanza nun pais que practica a desmemoria”, explica a edila María Bella. Así, Contos do Mar ponse en marcha a continuación de Memorias Compartidas, unha experiencia exitosa de activación da memoria da veciñanza que pasou a desempeñar o rol de coeducadores e coeducadoras dun alumnado universitario.

Historias de vida levarase a cabo durante os meses de abril a xuño organizado en sesións grupais unha vez por semana. Na súa primeira parte, de investigación documental en paralelo, permitirán elaborar unha audioguía ficcionada xunto cun traballo.

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios