Venres. 17.05.2024
El tiempo

A entrega de premios do Certame de Murais de Azulexo xa ten data

Usuarios de APEM facendo o mural de azulexo de Lar
Usuarios de APEM facendo o mural de azulexo de Lar
A entrega de premios do Certame de Murais de Azulexo xa ten data

O venres 7 de xuño, as instalacións de Suministros Lar volverán acoller unha xornada moi especial. O remate a este proxecto transversal que supón o Certame de Murais de Azulexo de Lar, que esta décima edición tivo como fío condutor a morriña, e os oficios das mulleres nos tempos da emgración.

Así, este proxecto socio-educativo que leva fomentando a investigación e a creación artística nos centros de ensino e centros especiais de toda a provincia dende 2006, chega á súa finalísima. Despois de meses de arduo traballo colectivo, de documentación, de investigación, de deseño creativo, de traballo manual… 9 centros da provincia verán cales son os murais gañadores.

Este ano participaron o Colexio Nuestra Señora del Carmen de Fisterra, os CPR Manuela Rial, IES Fernando Blanco e APEM de Cee; o IES Praia da Barraña de Boiro; o IES Terra de Soneira de Vimianzo; o IES Eduardo Pondal de Ponteceso; e os coruñeses IES Zalaeta e as Esclavas.

Murais Azulexo Lar 2024

Máis novas

HISTÓRICO DO CONCURSO DE MURAIS

Comentarios