Domingo. 19.05.2024
El tiempo

Miguel Anxo Fernán Vello estrea a súa vea pictórica no Espiral Maior Foro

TARXETA DA INAUGURACIÓN EN CARBALLO DA EXPOSICIÓN PICTÓRICA Grammáticas e Iluminacións, de Miguel Anxo Fernán Vello copia
Miguel Anxo Fernán Vello estrea a súa vea pictórica no Espiral Maior Foro

Momento de creación máxima o que vive Miguel Anxo Fernán Vello. O escritor carballés, que leva anos convertindo o seu espazo Espiral Maior Foro nun dos grandes epicentros culturais da vila bergantiñá, estrea a súa faceta como pintor coa estrea da súa primeira exposición individual de pintura. Así, a Galería de Arte de Espiral Maior estrea "Grammáticas e Iluminacións" este martes, día 7 de maio de 2024, ás 20:00 h.

O autor presenta 40 obras, a inmensa maioría delas realizadas nos anos 2022 e 2023. A obra plástica de Fernán Vello figura en diversas coleccións privadas, dentro e fóra de Galiza, e mesmo fóra de España, e ten colaborado ao longo dos anos como ilustrador en numerosas portadas de libros publicados, así como no deseño persoal de diversas coleccións editoriais. 

No acto de inauguración, ademais do propio Fernán Vello, participarán o historiador, pintor e escritor Carlos Pereira; a profesora de Literatura e crítica literaria Teresa Seara, e o concertista e violinista da Orquesta Sinfónica de Galicia Florian Vlashi, que interpretará unha obra do compositor e violinista galego Manuel Quiroga titulada “Emigrantes celtas” e outra do compositor húngaro György Kurtag que leva por título “Signs, Games and Messages”. 

No remate do acto inaugural haberá un viño galego e unha degustación de produtos locais.

Máis novas

Comentarios