Sábado. 04.05.2024
El tiempo

Detido conducindo polo polígono de Bértoa sen carné, facendo trompos, dándose á fuga e dando positivo por drogas e alcol

Garda Civil de Trafico
Detido conducindo polo polígono de Bértoa sen carné, facendo trompos, dándose á fuga e dando positivo por drogas e alcol

Completa a detención realizada esta semana pola Garda Civil do Posto Principal de Carballo… Unha patrulla que andaba polo Polígono Industrial de Bértoa-Carballo, atopábase na rúa Titanio cun coche que circulaba de forma temeraria e en sentido equivocado. Ao ver a patrulla, o vehículo facía un “trompo” e intentou escapar a pesar dos sinais luminosos e acústicos emitidos polos axentes.

Non durou moito a persecución e finalmente foi interceptado polas autoridades na rúa Bronce. Xa se tiña que enfrontar a dous delitos, por condución temeraria e desobediencia ás forzas da autoridade, pero era só o comezo.

Os axentes solicitaron a colaboración dunha Patrulla do Subsector de Tráfico da Coruña para probas de alcol e drogas. Os resultados destas probas preliminares confirmaron a presenza de substancias estupefacientes e alcohólicas no organismo. Ademais, tras examinar o vehículo atoparon unha bolsa con po branco, presuntamente cocaína, e outra cunha substancia marrón, posiblemente haxix, presumiblemente para uso persoal. Outros dous posibles delitos: conducir baixo os efectos de alcol e sustancias estupefacientes, e poesión de drogas en vía pública.

Ademais, durante a inspección comprobouse que ao agora detido se lle suspendeu temporalmente o permiso de conducir ata o 31 de maio de 2025, por auto do Xulgado do Penal número 1 de Santiago…

Así, o detido que se enfronta a acusacións de 5 posibles delitos, foi posto a disposición do Xulgado de Instrución número 3 de Carballo para a súa tramitación.

Comentarios