Venres. 03.05.2024
El tiempo

O talento comarcal estrea unha exposición única en Dombate

CABANA - INAUGURACIÓN DOMBATE Mostra Garabato
O talento comarcal estrea unha exposición única en Dombate

O centro arqueolóxico Dolmen de Dombate acolleu no serán de onte a inauguración da mostra 'A Touza dos Artistas', composta de xeito íntegro polas creacións de seis artistas da comarca de Bergantiños.

No acto, o alcalde, José Muíño, e demais representantes do goberno local acompañaron a Mon Lendoiro, Josecho González, Maribel Castiñeira, Milagros Cotelo, Isabel Soutullo e Cristina Castro, os autores e autoras cuxas obras poderán visitarse na catedral do megalitismo galego ata o vindeiro 1 de xuño en horario de 10:30 a 13:30 horas polas mañás e de 16:00 a 18:00 horas.

Desde o goberno local fan un convite tanto á veciñanza como ás persoas visitantes "a gozar dunha mostra única que reúne o talento da comarca ofrecendo unha experiencia diversa tanto na temática como no estilo das obras".

exposicion Garabato no Dolmen de Dombate

Comentarios