Luns. 20.05.2024
El tiempo

A Semana Santa enche de actividade a #AxendaCostadaMorte

A Semana Santa enche de actividade a #AxendaCostadaMorte
axenda Costa da Morte Semana Santa 2016 A Semana Santa acaba de arrancar na Costa da Morte coa inauguración dun dos eventos máis importantes da comarca: a vixésimo sexta edición da Mostra do Encaixe de Camariñas. Durante estes días as estradas da bisbarra, principalmente a AC-552, vivirá unha auténtica procesión de coches que fan camiño sen saber moi ben onde deben parar debido á gran cantidade de carteis publicitarios que invaden sen ton nen son as marquesiñas e os escaparates da bisbarra. Quizás a Semana Santa do 2017 sexa moi diferente coa ansiada chegada da Autovía Costa da Morte. Como vén sendo habitual, o equipo de 4gotas.com fan un adianto do tempo na Costa da Morte.

"O xoves pola mañá predominará o sol na Costa da Morte e de cara ao mediodía chegarán progresivamente as nubes medias e altas que nos avisarán do cambio do tempo do venres. Ainda así, durante a xornada de mañá non choverá e as temperaturas serán agradables.

Xa o venres, as choivas aparecerán dende primeira hora da mañá e entre Muxía e Muros estarán presentes durante gran parte do día. Nos arredores de Malpica, as choivas serán intermitentes durante o mediodía e a tarde.

Sábado e domingo serán días chuviosos. O sábado haberá que prestar especial atención ao vento xa que soprará do sudoeste con bastante forza todo o día. O domingo as chuvias serán algo máis espalladas no tempo, pero tamén estarán presentes".

Mostra Encaixe Camariñas
  • Esta tarde arranca a XXVI edición da Mostra do Encaixe de Camariñas. Unha mostra chea de encontros de palilleiras de todas as idades e de distintos de países do mundo, moda, encontros de bloggers, gastronomía, deporte e, por suposto, da stands de exposición e venta dos traballos realizados polas encaixeiras da vila. O custe da entrada é de 2€ - 3€ no caso de asistir ao desfile de moda -. Cinco días nos que Camariñas será, unha vez máis, a capital do encaixe. Pincha aquí para ver o programa completo.
Víndemo Ver de Carnota
  • A praza de San Gregorio de Carnota será desde mañá xoves e ata o domingo o punto neurálico da V Mostra Víndemo Ver. Aquí, de 11 a 15 horas e de 17 a 21 horas, estarán ubicados os stands de artesanía, productos ecolóxicos,... Ademais, haberá concertos da Escola Municipal de Música, carreira vikinga, ruta BTT e moito máis. 
Semana Santa en Fisterra
  • A devoción e a festa camiñan da man en Fisterra durante a Semana Santa nunha das semanas grandes da vila. Mañá, ás 20 horas, continúan os actos litúrxicos que xa comezaron o pasado venres coa representación da Última Cea e o tradicional Lavatorio de pes. Mais o día grande será o domingo coa veneración do Cristo. Ás 12 horas haberá unha representación da Resurrección. Acompañará os actos a banda "Eduardo Pondal" e haberá misas ás 8, ás 9 e ás 10 da mañá.
  • As festas do Cristo estarán acompañadas dun bo ambiente de orquestas. O sábado pola noite actuarán Ciclón e Garibaldi. Xa o domingo, a orquesta Miramar anenizará a sesión vermú e pola noite compartirá escenario coa París de Noia. O luns de pascua, as festa continúa en Fisterra da man de Atenas.
Semana Santa en Muros Fervenza do Ézaro
  • A Fervenza do Ézaro iluminaráse durante estes días (xoves, venres e sábado) entre as 22 e as 23 horas. Ademais, o venres, 25 de marzo, haberá unha saída nocturna en kayak.
Visitas guiadas
  • As visitas guiadas volven aos Batáns do Mosquetín e ao Castelo de Vimianzo da man do concello. Entre mañá xoves e o domingo haberá varias sesións de visitas guiadas gratuitas e incluso algunhas teatralizadas con "Os Quinquilláns". A A.C. Trubisquiña será a encargada de dar o fogonazo de saída a esta programación da Semana Santa en Vimianzo coa súa música máis tradicional.
  • O Dolmen Dombate amplía durante a Semana Santa o horario das visitas guiadas ofrecidas por Anxo Eiroa. O novo horario é de 11 a 14 horas e de 16 a 20 horas.
  • II Ruta dos Fornos en Buño (Malpica). O Ecomuseo Forno do Forte será o punto de saída destas visitas guiadas que serán o venres e o sábado en horario de mañá e tarde (de 11:30 a 13 horas e de 17 a 18:30 horas).
Verbeneo:
  • IV Festa da Xuventude en Malpica. Mañá, xoves santo, o porto de Malpica acolle dende as 11:30 hora unha gran festa con música de primeiro nivel como a orquesta New York - formada por compoñentes da Filadelfia -; o grupo Bomba - que presenta o seu novo disco -; e o grupo Nueva Fuerza - formación apadriñada polo Combo Dominicano -. A entrada é de gratuita.
  • Dende o venres ata o luns, Camariñas celebra a romaría da Virxe do Monte. A cita comeza cunha gran verbena na Mostra do Encaixe. Ademais de música de orquesta, nesta romaría non faltará a música tradicional da man de "Abrindo o rejo" e a procesión ata a capela.
  • A parroquia muxiá de Trasufre acolle as Festas de San Vicente o sábado 26 de marzo, con sesión vermú, racións de polbo e churrasco e, á noite, unha gran verbena.
Concertos Outras citas
  • Buño convertirase este xoves e venres na capital do Fútbol Base onde se disputará o II Torneo F8. Haberá varios equipos participantes nas categorías prebenxamín, benxamín e alevín.
  • Monólogo en Muros. Na tarde do sábado a Antiga Fábrica de Sel de Muros acolle un monólogo de Carlos Blanco.Na cita, organizado pola ACRD Praia do Castelo, tamén estarán Pachi y Culo sacando as risas. O encontro remata cun concerto de Monoulious DOP.
  • As Torres do Allo, en Zas, están abertas ata o vindeiro domingo con horario de visita de 11:00 a 20:00 horas.
  • Durante estes días poderase ver no Faro de Fisterra a exposición “Reborn Bones” composta por 39 esculturas realizadas con osos de animais mortos de xeito natural.
  • O Museo Man de Camelle, que recolle gran parte do legado de Manfred Gnädinger, abre todos os días da Semana Santa en horaio de 11 a 14 horas e de 17 a 19 horas.
  • O faro Vilán de Camariñas abre durante estes días en horario de 11 a 21 horas para que os visitantes poidan coñecer comodamente as instalacións.
Fonte

Comentarios