Mércores. 08.05.2024
El tiempo

Zas pon en marcha o programa deportivo e cultural de inverno con case trinta actividades diferentes

Zas pon en marcha o programa deportivo e cultural de inverno con case trinta actividades diferentes
actividades-concello-zas Manualidades, calceta, elaboración de conservas, tapicería,... son algunhas das actividades que ofrece o concello de Zas para os vindeiros meses O concello de Zas vén de dar a coñecer as actividades deportivas e culturais que ofrece para os vindeiros seis meses. Así, todos os veciños e veciñas que desexen participar nalgunhas das actividades poden anotarse ata o 20 de outubro no concello ou chamando ao 981 708 303. Entre as actividades ofertadas están ximnasia, ximnasia terapéutica, pilates, manualidades, cociña, informática básica e de perfeccionamento, bordado, calceta, tapicería, baile de salón, risoterapia, elaboración de conservas, guitarra, escola de memoria, escola de teatro infantil e para adultos, tiro con arco, multixogo, patinaxe, escolas deportivas, balonmán, judo, taekwondo,  tenis de mesa e fútbol. O custe das actividades oscila entre os 5 e os 10€ ao mes. Algunhas, tales como o taller de risoterapia ou a escola de memoria (entre outras), son de balde. O vindeiro luns, 16 de outubro, é a data de arranque das actividades. Expoñeranse no concello e nos centros sociais as listas de admitidos e admitadas nas distintas actividades. Fonte     

Comentarios