Mércores. 08.05.2024
El tiempo

www.futboldacosta.com: O único carrusel do fútbol modesto galego

www.futboldacosta.com: O único carrusel do fútbol modesto galego
Carrusel de resultados en www.futboldacosta.com Hipotética situación que podería darse esta fin de semana na primeira xornada da Liga da Costa no carrusel de www.futboldacosta.com

Ademais dos Numerosos Contidos que temos preparados este curso, para manter a atención dos futboleiros durante toda a semana, as fins de semana serán de carrusel no Fútbol da Costa.

Un ano máis, gracias á colaboración de máis de 35 membros dos nosos clubs, imos poder manter unha das maiores apostas de QPC polo Fútbol da Costa. Ese carrusel tecnolóxico, único no fútbol modesto de Galicia, onde temos cada fin de semana os goles en tempo real a través da plataforma www.futboldacosta.com.

A través de varios grupos de whatsapp os nosos informadores de cada equipo vannos enviando os goles en directo das ligas Preferente, 1ª, 2ª e 3ª Galega, e así os imos subindo á plataforma en tempo real. Saben ademais que actualizamos o resto de categorías (Xuvenís, Cadetes, Infantís, Veteranos...) xusto ao remate dos partidos.

O ano pasado eran máis de 1.500 os siareiros que cada domingo están conectados durante toda a tarde á plataforma, sendo máis de 10.000 as persoas que ollan os resultados ao longo da fin de semana.

Patrocinadores

Cómpre agradecer aos patrocinadores que fan posible este carrusel. Este ano, por agora seguimos contando con Estación de Servizo Bazarra, Seguros Reale-Baio e Restaurante D'Alvaro.
Se estades interesados podedes poñervos en contacto con nós en [email protected] ou no 637 704 893.

Como seguirnos

Entra no navegador do teu móbil en www.futboldacosta.com e pincha en “Engadir a pantalla de inicio”, para ter a plataforma a golpe de click.

Máis información

Fonte

Comentarios