Martes. 07.05.2024
El tiempo

Vimianzo analiza o papel da migración na sociedade durante a primeira xornada do congreso internacional

Vimianzo analiza o papel da migración na sociedade durante a primeira xornada do congreso internacional
congreso-internacional-vimianzo Esta mañá arrancou en Vimianzo un congreso sobre a emigración e a inmigración O papel que xogou e xoga a migración na sociedade foi o principal punto de análise da primeira xornada do congreso internacional “Emigración e inmigración por razóns laborais no rural da Unión Europea”, encadrado no proxecto europeo ERN4mob – European Rural Network for Job Mobility e que se desenvolve estes días na casa da Cultura de Vimianzo. O Congreso abriuse coa exposición de dous videos. Un deles foi enviado para este congreso polo presidente da ABC do Partido Xudicial de Corcubión de Bos Aires. O outro, foi elaborado recentemente polo concello de Vimianzo recollendo os testemuños de diferentes persoas emigrantes e inmigrantes de Vimianzo. Seguidamente interviu o alcalde de Vimianzo, Manuel Antelo, quen destacou a importancia de reflexionar sobre o pasado, analizar o presente e prepararse para os retos de futuro dos diferentes tipos de mobilidade. Laura Oso - mestra na facultude de Socioloxía da USC - foi a encargada de abrir o congreso cun relatorio no que fixo un repaso dos movementos migratorios das últimas décadas baixo o título "Unha mirada de ida e volta aos movementos migratorios en Europa".  O seguinte ponente desta primeira xornada foi Juan José Lirón, subdirector xeral de Emprego, quen dedicou a súa exposición a presentar as diferentes axudas para contratación, fomento do emprego autónomo, apoios a empresas e formación. congreso-vimianzo-mesa Un panel expositivo sobre a mobilidade en Europa na actualidade pechou a primeira xornada deste congreso internacional A primeira xornada deste evento, rematou cunha mesa sobre o "A mobilidade en Europa na actualidade" na que participaron distintos representantes das institucións que forman parte do proxecto europeo ERN4mob.   Exposición As Pegadas das Migracións Durante esta primeira xornada do congreso tamén houbo tempo para a inauguración da exposición "As pegadas das migracións" ubicada na sala de exposicións Antón Mouzo. A mostra está conformada por paneis do proxecto ERN4mob e outros que fan un percorrido pola realidade da emigración dende Vimianzo. Ademais, hai un espazo para a equipaxe (baúles, as antigas maletas e as modernas). E tamén, hai outro espazo de participación e de recollida de experiencias e vivencias persoais sobre a realidade da emigración. Nas vitrinas centrais pódense atopar elementos que foron e viñeron en maletas e baúles (roupa, chocolate de Suíza, alfajores, mate....) e bibliografía e referencias musicais relacionadas coa emigración. O congreso está organizado polo concello de vimianzo en colaboración co Equipo de Socioloxía das Migracións Interancionais (ESOMI), grupo de investigación experto en materia de migracións, radicado na Facultade de Socioloxía da Universidade da Coruña. asistentes-congreso-vimianzo Neste congreso participan representantes das institucións públicas que forman parte do proxecto europeo ERN4mob Segunda xornada O congreso continúa mañá durante todo o día na Casa da Cultura vimiancesa. A xornada comeza ás 09:30 horas cun panel expositivo que leva por título "A acción da sociedade dentro da migración" na que participarán distintos axentes sociais da zona. Tras unha pausa para o café, terá a palabra varios veciños e veciñas da zona para contar as súas experiencias como emigrantes. Xa pola tarde, o congreso continúa cunha charla que leva por título "Galicia coa maleta na man. Historias das emigracións" que correrá a cargo de Montserrat Golías Pérz, investigadora do ESOMI e profesora na faculturade de Socioloxía da Coruña. A segunda xornada do congreso rematará con tres mesas diferentes nas que os paticipantes presentarán as súas comunicacións.  

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios