Domingo. 19.05.2024
El tiempo

Un accidente entre dous vehículos provoca a caída dun poste da luz sobre outro coche

Un accidente entre dous vehículos provoca a caída dun poste da luz sobre outro coche
Esta mañá, pouco antes das 10:00h da mañá, producíase un accidente na Avda. Fisterra, a altura do nº150 de Cee. Foi un choque frontolateral entre dous vehículos. Un deles (Renault Megane) rompía un poste da liña telefónica que caía sobre outro terceiro vehículo estacionado (Peugeot 206). Non houboo vítimas nin feridos, pero ademais dos danos materiais a vía quedou chea de lixo e líquidos dos motores que tiveron que recoller os Bombeiros. Estes ademais sinalizaron varios saíntes que quedaron do poste, que terá que reparar a empresa propietaria.

Fonte

Comentarios