Mércores. 08.05.2024
El tiempo

Senda Nova percorre as Terras do Marqués

Senda Nova percorre as Terras do Marqués
outono-en-marcha-senda-nova outono-en-marcha-senda-nova O pasado domingo un bo número de camiñantes desafiou ao termómetro para coñecer a riqueza natural e cultural que agochan "As Terras do Marqués", un sendeiro guiado pola asociación ambiental Senda Nova dentro do seu programa "Outono en marcha" que xa vai pola sexta edición. A primeira parada da andaina foi Gontade, dentro do termo municipal de A Laracha, onde se agocha un pazo; un dos máis antigos do concello cuxas orixes que se remontan ao século XVI. Pouco a pouco ía saíndo o sol e dende alí os camiñantes chegaron ata a igrexa parroquial de Ardaña. Desde alí, subiron ata a Peniqueira onde contemplaron un dos dos tómulos funerarios. Tamén aquí se agocha unha antiga aldea coñecida na zona con distintos nomes (Castro da Peniqueira, Bico do Castro ou Castro de Martín Díaz). Dende alí a expedición dirixiuse ata as terras do Marqués de Vilar de Francos, con visita ao pazo incluída. Tamén houbo tempo para obervar o carballo de San Antón e o souto que o acompaña. E xa os últimos pasos foron para visitar a igrexa de San Xurxo de Artes - do século XIX - e o pazo da Pallas. Próxima cita A seguinte andaina que se enmarca dentro do programa "Outono en marcha" é o próximo domingo, día 26. Os camiñantes percorrerán terras do concello de Carballo e de Malpica para seguir "As Pegadas do Volframio".   Novas relacionadas Fonte

Comentarios