Domingo. 19.05.2024
El tiempo

Santi Romay: "Síntome obrigado a apoiar inciativas coma a dos Premios Fouciño"

Santi Romay: "Síntome obrigado a apoiar inciativas coma a dos Premios Fouciño"
santi-romay-premios-foucino O actor Santi Romay é o padriño da III edición dos Premios Fouciño O día grande dos Premios Fouciño xa está á volta da esquina! Este sábado, Baio será un punto de referencia para o sector audiovisual galego grazas a este festival de cinema organizado polo concello de Zas. O día arrancará cunha mesa redonda en clave feminina - con mulleres do mundo audiovisual -, haberá obradoiros para nenos e para maiores, proxección das curtas, entrega de premios e un festival de música ao aire libre. Todo de balde! E por alí andará o malpicán Santi Romay, que este ano exerce de padriño dos Premios Fouciño.
  • QPC: Que tal vai de saúde o audiovisual galego?
Creo que ainda segue na UCI, jeje. A producción audiovisual sigue se ter os apoios que tiña antes, e ainda así eran insuficientes. É unha mágoa porque temos un equipo artístico e técnico formidable, que non debe envexar nada dos do resto do país. Ademáis parte das subvencións que hai destínanse a producións nacionais que veñen gravar aquí cun equipo que no seu 90% non é galego. Creo que se debería ter isto máis en conta. Por outro lado, o máis difícil, supoño, é crear productoras que consigan abrirse campo e conseguir levar a cabo os seus traballos, pois a competencia é moi grande e o orzamento destinado á cultura, escaso.
  • QPC: Fito de Mareas Vivas, o Tolleito de Inishman,... en que está traballando agora Santi Romay?
Agora mesmo estou de xira cun espectáculo chamado "Coleccionistas", producido por Ainé. Comparto escenario con Marcos Pereiro, Oswaldo Digón e Cristian Leggiero. É un espectáculo diferente, que mistura monólogo, improvisación e música en directo. Unha poxa benéfica feita por tres tipos en paro que intentan contar anecdotas sobre grandes pezas da historia da arte. Moi recomendable para botar unhas risas, e moi satisfactorio para nós, pois cada función é única e irrepetible. 
  • QPC: Vimoste na tele, no cine, no teatro,... onde estás máis cómodo?
É unha pregunta moi típica en todas as entrevistas, jejeje. Cada medio ten as súas vantaxes e desvantaxes. Nos tres eidos estou cómodo, ainda que son técnicas e tempos de traballo diferentes. Todo vai depender do equipo de traballo co que te atopes. Pero se te refires a preferencias... diríache o teatro. O directo e a conexión "in situ" co público danlle algo especial, unhas sensacións que non podes vivir noutros sectores da interpretación. Ainda que o audiovisual está mellor pagado e iso tamén hai que ter o en conta, jeje.
  • QPC: Cal foi o papel máis difícil que tiveches que facer na túa traxectoria profesional?
Todos teñen as súas peculiaridades. Cos anos de experiencia aprendes a matizar e adentrarte máis nos personaxes que fas. Se teño que escoller agora mesmo, podería dicir o de Billy Claven (O Tolleito de Inishmaan) por esa composición corporal que tiven que facer. Case dúas horas enriba das táboas, todo retorto, dan para coller moitas contracturas... Ademais Billy tiña un mundo interior especial, e o personaxe viaxaba por momentos emocionais moi bonitos e ás veces complexos ao longo da peza.
  • QPC: E que papel che gustaría intepretrar?
Dame igual. Arríscome a todo se me deixan. Depende do momento. Cando me chamaron para Matalobos, por exemplo, tiña moitas ganas de facer dun malo. Quizais, me gustan os papeis máis extremos, nos que poida xogar e achegar matices. Por exemplo, nun galán non da tanto pé a poñerlle un tic nun ollo, jejejeje. Prefiro personaxes máis "clownescos", de tranformación postural. Se cadra ainda estou moi influenciado polo Tolleito... O bonito do noso traballo é meterse na pel de múltiples personaxes que ás veces se parecen máis a un mesmo, e outras veces, alónxanse. The Godfather III, son moi fan de Al Pacino, jejeje. Pois moi ben a verdade. Síntome obrigado, na medida que o traballo e a miña vida persoal mo permita, a apoiar este tipo de iniciativas. Sei de primeira man o traballo e o esforzo que convela sacar adiante este tipo de cousas. Eu formei parte do Nordestazo Rock durante nove edicións e vivín nas miñas carnes a organización deste tipo de eventos. As persoas, institucións ou colectivos que intentar promover a cultura hai que apoialas, e ainda por riba se son veciños da Costa da Morte. 
  • QPC: Deixaraste ver por Baio estes días?
Irei o sábado 30 para pasar o día por alí, e quedareime todo o día. Hai uns concertos á noite que pintan moi ben.

Proxeccións

Hoxe estarán en Baio Simone Saibene – director e productor do filme “Pelerinaxes” – e as actrices Carmen Méndez e Isabel Risco. Será durante a proxección da película que terá lugar ás 21:30 horas no en Casa Ovidio de Baio, un antigo restaurante da vila ubicado no número 31 da rúa Bispo Romero de Lema. Esta é unha das proxeccións que se inclúen dentro da Semana do Audiovisual, unha das actividades paralelas aos Premios Fouciño organizados polo Concello de Zas. Novas relacionadas

Fonte

Comentarios