Martes. 23.04.2024
El tiempo

Ponteceso acorda declarar o 20 de decembro como Día do Himno Galego

Ponteceso acorda declarar o 20 de decembro como Día do Himno Galego

Boa proposta a que vén de aprobar a corporación municipal de Ponteceso, por unanimidade, de declarar o 20 de decembro como Día do Himno Galego. Unha moción presentada polo concelleiro do BNG Carlos Penedo Casmartiño para conmemorar, a nivel municipal, odía no que se interpretou por primeira vez o Himno Galego, e que seguirá buscando apoio das institucións para ampliar a celebración a toda Galicia.

A celebración serve “como homenaxe a un símbolo respectado polas galegas e galegos e como recoñecemento das figuras dos seus autores: Eduardo Pondal, autor do texto e natural de Ponteceso, e Pascual Veiga, autor da música e natural de Mondoñedo”.

Deste xeito, a partir deste mesmo ano, Ponteceso celebrará cada 20 de decembro “un programa de actos institucionais que contribúan a acrecentar o coñecemento do Himno e dos seus autores”, para o cal contarase coa colaboración da “veciñanza e colectivos veciñais, singularmente coa Fundación Eduardo Pondal”.

Neste interesante vídeo da FEP podedes repasar a súa historia:

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios