Martes. 07.05.2024
El tiempo

Os veciños de Fisterra esixen a execución da segunda fase da Autovía Costa da Morte

Os veciños de Fisterra esixen a execución da segunda fase da Autovía Costa da Morte
berdoias A asociación de veciños Costa da Morte piden que se execute a 2ª fase entre Santa Irene e Berdoias A asociación de veciños Costa da Morte de Fisterra reclama unha vez máis a execución da segunda fase da Autovía Costa da Morte entre Santa Irene e Berdoias "completándose así o proxecto incialmente aprobado e contratado como base fundamental para o desenvolvemento económico, mellora da calidade de vida e vertebrar a comarca co resto da comunidade", manifestan dende a entidade veciñal. Ademais, dende a asociación de veciños de Fisterra mostran a súa sorpresa ante o anuncio e iniciación dun expediente de ampliación deste vial en só 5,5 quilómetros en catro anos e reducida a unha vía de alta capacidade ou corredor xustificando que o volume de usuarios é baixo. Ademais, esta redución de autovía a corredor "por unha suposta falta de usuarios", din que lles recorda ao dito de sei foi antes o ovo ou a galiña, xa que se non hai un tráfico intenso por falta dun vial axeitado e non se fai o vial por este motivo. Por outra parte, a asociación de veciños Costa da morte di que sen a autovía "non rematan de desenvolverse os polígonos industriais de Vimianzo e Cee, a optimización do porto de Brens, a potenciación da Costa da Morte como destino turístico así como a fixación da poboación".    

A historia da Autovía Costa da Morte

Artigos relacionados

Fonte

 

Comentarios