Luns. 20.05.2024
El tiempo

Os maiores de Geriatros, os Apalpadores de Vimianzo

Os maiores de Geriatros, os Apalpadores de Vimianzo
Os maiores de Geriatros tamen queren xoguetes Os maiores de Geriatros son os Apalpadores de Soneira e colaboran ca Cruz Vermella Papa Noel no Cafe Bar Bibendum de Vimianzo recollendo os xoguetes solidarios Papa Noel no Cafe Bar Bibendum de Vimianzo recollendo os xoguetes solidarios Papa Noel no Cafe Bar Bibendum de Vimianzo recollendo os xoguetes solidarios

Vai chegar o Apalpador cargadiño de regalos para os máis cativos. E vaino facer co saco cheo de regalos colleitados polos maiores da Residencia para Maiores Geriatros de Vimianzo.

Os maiores levan todo o mes recollendo xoguetes e alimentos para donalos á Cruz Vermella e que esta poida axudar ás familias máis necesitadas da comarca de Soneira. Foron onte os voluntarios da entidade a recollelos para clasificalos (limpalos se fai falta, para o que xa se ofreceu a Lavandería Fidosec), e preparalos para a entrega.
Volverán por Geriatros os voluntarios da CV porque a recollida de alimentos está aberta ata o luns 4 de xaneiro.

Tamen colaboraron coa recollida de xoguetes as bravas xentes do Café Bar Bibendum, onde estivo o venres pasado un Papá Noel solidario para que toda persoa que quixese se acercase a doar os xoguetes, a cambio regalaba caramelos.

Ogallá durasen todo o ano estas datas de solidariedade.

Fonte

Comentarios