Martes. 07.05.2024
El tiempo

Os Batáns do Mosquetín, á Feira turística de Barcelona B-Travel

Os Batáns do Mosquetín, á Feira turística de Barcelona B-Travel
Este venres 20 de abril, arranca en Barcelona B- Travel, a Feira Internacional de Turismo. Un encontro consolidado como referente internacional en Turismo Experiencial que contará este ano coa presencia da Deputación da Coruña como expositora e o Concello de Vimianzo como destacado participante coa titulada “La industria antes de su revolución. La tradición como revulsivo turístico de un entorno rural – El caso de Vimianzo” . A ponencia versará sobre Turismo Industrial, presentando a artesanía do Castelo e o complexo preindustrial do Mosquetín como importantes atractivos turísticos do municipio e mesmo da comarca. Ademais, Vimianzo compartirá debate co Ayuntamiento de Segovia, el Patronato Costa Blanca de Alicante, Turismo de la provincia de Sevilla ou Save Industrial Heritage (Italia).

Aposta polo Patrimonio

A mesa estará baseada no Patrimonio Cultural en consonancia coa firme aposta municipal de servirse do seu nutrido Patrimonio como marca de identidade e proposta de futuro. Unha aposta que se comproba, ademais dos Batáns, no proceso de excavación e divulgación o Castro das Barreiras, ou no compromiso coa vida artesá do Castelo de Vimianzo, coa sinalización dos Penedos de Traba e Pasarela, ou coa Ruta das Antas.

Fonte

  • Redacción de QPC.

Comentarios