Sábado. 18.05.2024
El tiempo

O Xiria Pop chega á súa 21ª edición máis forte ca nunca

O Xiria Pop chega á súa 21ª edición máis forte ca nunca
O Xiria Pop de Carballo, un dos festivais máis veteranos da Costa da Morte, xa está aquí. E faino no formato dos últimos anos: dous días que encherán de música da boa a sala Dublín. Concretamete será o 14 e 15 de setembro. O festival arranca o venres, 14 de setembro, día no que actuará un dos grupos cabeza de cartel: Cooper, encabezado por Alejandro Diez Garín - agora Alex Cooper - que leva mais de trinta anos tocando, o cal é evidente que da idea da súa importancia no panorama estatal, e tamén, sobre todo na época dos Flechazos, no panorama internacional, e concretamente na escena Mod, da que foron abandeirados. Cooper acaba de presentar o seu derradeiro disco ate a data, “Tiempo, temperatura, agitación"; un disco no que hai unha presenza importante dos metales, e tamén os teclados. A banda, de feito, está composta por 8 músicos, cando ate agora era unha formación clásica de pop con catro. A banda chega a Carballo despois de tocar no verán no Bbk Live ou o Pulpop, entre outros festivais. Outra das bandas que tocará o venres é The Safes, chega dende Chicago. A banda ten entre os colaboradores a productores de relumbrón que traballaron con grupos como os White Strippes, The Shins, Flaming Lips ou Arcade Fire. O son está entre, nos seus primeiros tempos, o powerpop mais potente, na onda de Redd Kross, os Replacement ou Cheap Trick, a cancións mais influenciadas polos Kinks, no seu derradeiro traballo ate agora, e editado o pasado 2017 “Tastywaves”. O grupo que abrirá o festival do venres será Melange, unha nova banda madrileña que xa ten un dous discos no mercado e que presentará en Carballo o seu derradeiro traballo "Viento Bravo". Sabado, 15 de setembro Un dos grupos de máis sona que tocarán na edición do sábado no marco do Xiria Pop será The Parkinsons, un grupo portugués. A banda empezou no ano 2000 e tivo continuidade ate o 2005, no que se disolveu, posteriormente, no 2012, e xa en Coimbra, volveron retomala, agora con formación totalmente portuguesa. Como curiosidades, tocaron no cumpleanos de Joey Ramone, na produción dos seus discos estivo, entre outros, Jim Reid (Jesus and Mary Chain), e tocaron no Festival de Reading, ou no NME atrevéronse a comparalos cos Stooges. The Oddbllas é un grupo malagueño súper enerxética que mestura o punk rock co garaxe e o r&b dos 50 comaninguén, moito fuzz, moita velocidade e moita calidade. Gustan de grupos coma os Sonics, The Trashmen, Los Saicos, The Fleshtones, King Salami e sen ir moi lonxe no tempo, falando do Xiria Pop, dos MFC Chicken… Os encargados de abrir o festival do sábado serán Futuro Terror; un grupo alicantino composto por músicos novos, pero que xa leven un lustro traballando como tales, o seu debut discográfico é de 2014. Presentarán aquí "Precipicio", o seu terceiro e ate agora derradeiro disco, onde seguen a criticar o capitalismo salvaxe e a post-modernidade. Post-Punk de calidade, rápido, estribillos conseguidos, guitarras potentes, e letras que pretenden dicirnos algo, en resumo, banda da que gustarán tanto os afeccionados clásicos a estes sons escuros, coma os rapaces novos que están a desfrutar do revival. Entradas As entradas para un dos días terá un custo de 10euros e o bono para os dous días é de 15€.  

Novas relacionadas

 

Fonte

Comentarios