Venres. 29.03.2024
El tiempo

O tenis de mesa costeiro faise forte na casa, en Zas

O tenis de mesa costeiro faise forte na casa, en Zas

Brais Blanco concentrado para gañar o ultimo puntBrais Blanco concentrado para gañar o ultimo punto copiao copia Así de cheo estaba o pavillón de Zas esta fin de semana. Na imaxe, Brais Blanco concentrado

Foi unha festa do deporte o Pavillón de Zas este sábado pasado 24 de novembro. Ata 12 encontros disputaron os 15 equipos de A Coruña, Lugo e Pontevedra. Moi bo ambiente deportivo durante todo o día soportando o ruido da chuvia, que provocou algunha que outra pingueira dentro do pavillón, e tamén a pouca luz que para este deporte emiten os focos xa moi vellos e que necesitan renovarse.

Ademais da fantástica convivencia que se viven en xornadas maratonianas coma estas, no deportivo, o máis salientable foi o de 2ª División Nacional masculina entre AD Zas Ponciano Nieto e Cafeteria Vilariño de Cambados, e non se quedaron atrás os de 1ª Nacional femenina, na 2ª xornada de concentración, nin os das ligas Galegas.

E en canto a resultados case que houbo pleno de vitorias dos equipos da comarca, empezando pola vitoria contundente do AD Zas Ponciano Nieto, á que se uniron as de AD Zas Aluminios Xeal; os equipos de 2ª Galega AD Zas O Pinar e AD Zas Dimobel Bazar Baio e O VTM Pinturas Figueiras.

Só fallou o AD Zas Construcciones Cernadas ao caer derrotado polo Grupo Barros de Cambados e o VTM Pinturas Figueiras perdeu o outro encontro que xogou.

2ª División Nacional masculina

  • Resultado: AD Zas Ponciano Nieto - Cafetería Vilariño (6-0).

Importantísima e contundente vitoria do AD Zas Ponciano Nieto (Gonchu, Edu Quintela, e Brais Blanco) a que conseguiu ante un rival que estará tamén loitando por non descender e que se presentaba en Zas coa baixa do seu mellor xogador pero non quita mérito a victoria dos zasences, que lle puxeron todas as ganas para dar unha satisfacción aos seus incondicionales e sobre todo na casa e co pavillón con moito público, algo non habitual neste deporte, en Galicia polo menos.

1ª División Nacional femenina

  • Resultado: AD Zas Aluminios Xeal - Cofersa Cidade de Narón (6-0).
  • Resultado: AD Zas Aluminios Xeal - TDM Vilalba Sanjurjo Moda (5-1)

Excelente o xogo das xogadoras do AD Zas Aluminios Xeal (Miriam Domínguez, María Castro e Ana García) sen dar opción as súas rivais, son nesta liga unhas das favoritas pero ese favoritismo hai que demostralo en cada partido e non debemos olvidar que enfrente o pasado sábado tiveron a campioa e a subcampioa alegas alevín. e que llo puxeron dificil as nosas xogadoras Miriam, Ana e María. que solo cederon 5 sets nos once partidos que xogaron. O único partido perdido foi no debut de Yessica Spirig que de momento está moi lonxe do nivel das súas compañeiras. Entre todas seguirán dandonos alegrias tanto nesta coma noutras categorías nas que xoguen.

1ª División Galega

  • Resultado: AD Zas Construcciones Cernadas - Grupo Barros Cambados (1-4)

A única decepción en canto a resultados veu de parte do AD Zas Construcciones Cernadas (Luis Azevedo, Stevo e Mateo Cousillas) e que ao non poder contar coas xogadoras Ana García, Miriam Domínguez e María Castro por ter que xogar na 1ª femenina e con Raúl lesionado recurriu a Mateo Cousillas que debutaba nesta categoria despois de facelo a semana pasada en segunda e a Stevo que en vez de xogar parecía que estaba máis pendente do que ocurría no pavillón pois non encontrou a concentración en ningun momento. Tampouco Luis Azevedo respondiu ao que se esperaba del no partido individual. No dobre estiveron xeniais tanto Luis como Mateo pero a pesar de que non era tarde para darlle a volta ao encontro non serviu para facelo..

2ª División Galega

Moi boa xornada para os equipos de segunda Galega con tres vitorias de catro posibles e que faltou moi pouco para facer o pleno. Xa tiña moitas ganas o AD Zas O Pinar de repetir vitoria e esta veulle contra outro equipo que tamén ten xogadores que están empezando pero que conta con Ramón Ramos que a pasada campaña xogou en primeira Galega e que gañou nos tres partidos que xogou polo que aos de Zas non lles quedadou máis remedio que poñerllas todas e gañar os outros catro partidos sen fallar en ningún. Noraboa a Lara, Miguel e Budi por esta victoria e xa se encomendaron para a seguinte.

Difícil tamén o tiveron os de AD Zas Dimobel Bazar Baio, pero en realidade complicáronse ao non gañar o dobre Pazos e Castro, no que se precipitaron moitos na disputa dos puntos e despois houbo que esperar ao septimo partido para acadar a victoria. En todo caso debemos darlle a noraboa pois con esta vitoria seguen arriba na clasificación nun grupo moi igualado. Cos mesmos puntos debería aparecer tamén o VTM Pinturas Figueiras se Brais Touriñan mantivese a tranquilidade que o caracteriza pero nesta ocasión non foi así. Con todo o seu equipo gañou a o favorito do grupo grazas a un excelente partido de dobres por parte de Juñio Figueiras e Nicolás Paz que contra todo pronóstico superaron a parella veterana de Oroso Peluquería Tije, unha mágoa que non fixesen o mesmo no outro partido. Agora o VTM Pinturas Figueiras segue nos postos altos da clasificación e todas as opcións de seguir aí e incluso de mellorar. Os seus xovenes xogadores melloran día a día.

  • Resultado: AD Zas O Pinar - TM A Estrada Pazo de Xerlís (4-3)
  • Resultado: AD Zas Dimobel Bazar Baio - TM A Estrada Pazo de Xerlís (4-3)
  • Resultado: VTM Pinturas Figueiras - Oroso TM Trastes (3-4)
  • Resultado: VTM Pinturas Figueiras - Ooroso Peluquería Tije (4-2)
  • &nbps;

    Vindeira xornada

    Despois da voraxine de encontros do pasado sábado virá o próximo fin de semana con mais , paro diminuindo na cantidade Sábado 1 de decembro 2ª División Nacional masculina no ximnasio do CPI de Zas ás 17'00h: AD ZAS PONCIANO NIETO- Breogán Oleiros Domingo 2 de decembro 3ª División Nacional, as !!'00 h. no pavillón de A Picota, Mazaricos: CONCELLO MAZARICOS – San Xoán TM 1ª División Galega, no polideportivo de Elviña en A Coruña.
    10'30 h. CTM Coruña A - AD ZAS Construcciones CERNADAS
    12’30 h. CTM Coruña B - AD ZAS Construcciones CERNADAS 2ª División Galega, ás 11'00 h. nas instalación do Recreo Cultural de A Estrada: RC A Estrada – VTM P. FIGUEIRAS &nbps;

    Novas relacionadas

    https://quepasanacosta.gal/o-pavillon-de-zas-acollera-esta-fin-de-semana-unha-completa-xornada-de-tenis-de-mesa-de-primeiro-nivel/ “Moitas expectativas e poucas vitorias para a fin de semana do tenis de mesa costeiro” — Que pasa na costa “O tenis de mesa costeiro demostrou o seu potencia na Estrada pero quedou ás portas do campionato Estatal” — Que pasa na costa

Comentarios