Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O tenis de mesa afronta unha ponte de Defuntos chega de acción

O tenis de mesa afronta unha ponte de Defuntos chega de acción
foto AD Zas Dimobel Bazar Baio - VTM Pinturas Figueiras Foto do derbi entre AD Zas Dimobel Bazar Baio e VTM Pinturas Figueiras Chega unha completísima ponte deportiva para a familia do tenis de mesa costeiro. E chega coa necesidade de cambiar o rumbo das cousas trala disputa da pasada xornada, na que só obtiveron os nosos equipos un par de vitorias. Unha, iso si, moi positiva, a do Concello de Mazaricos en Santiago; e a outra no encontro de rivalidade entre os equipos de 2ª galega de Vimianzo e Zas con partidos moi disputados. Nos outros encontros o AD Zas Ponciano Nieto non conseguiu dar a campanada en Vigo e o AD Zas O Pinar perdeu os dous encontros cos equipos de Oroso na 2ª galega.

2ª División Nacional

  • Resultado: CTM Vigo–AD ZAS PONCIANO NIETO (5-1)
Non puido o Ponciano Nieto de Gonchu, Brais Blanco e Edu Quintela dar a sorpresa en Vigo e eso que llas puxeron todas pero notase moito a falta de entrenamento que por diversas circuntancias non poden ter os do AD Zas Ponciano Nieto, en canto se solucionen estas dificultades seguro que chegan as victorias. Neste caso a piques se estivo de gañar eses dous partidos que se escaparon 3-2, 11-9 e 12-10 no 5º set, e os propios xogadores recoñecen que con un pouco de entreno esas bolas que se escapan da mesa non o farian en caso de telo. Pero a liga e largo e tempo haberá para rectificar.

3ª División Nacional

  • Resultado: Conxo TM – CONCELLO MAZARICOS (1-4).
Casi que sorpresa se pode considerar a vitoria do Concello de Mazaricos (Miguel Rey, Javi Rodríguez e José A. Lado( contra o Conxo TM en Santiago, pois si ben Miguel deberia gañar os seus partidos, como así fixo, non se esperaba o gran rendemento dos novos xogadores mazaricáns nos seus partidos, pois solo Javi Rodríguez cedeu e por un apretado 3-2 ante o nº 1 do Conxo TM. Moi ben José Ángel Lado gañando a todo un veterano nesta liga como é Mario Otero e excepcional Alex Blanco facendo a parella con Miguel Rey e compenetrandose a perfeccíón nas xogadas. Con esta son xa 3 as victorias do Concello de Mazaricos no seu debut nesta liga de 3ª diivisión nacional, algo que non entraba nos seus cálculos hai ben pouco tempo.

2ª División Galega

  • Resultado: Oroso Peluqueria Tije – AD ZAS O PINAR (4-0).
  • Resultado: Oroso TM Trastes – AD ZAS O PINAR (4-2).
  • Resultado: AD Zas Diomobel Bazar Baio - VTM Pinturas Figueiras (4-2).
Non conseguiu nada positivo o AD Zas O Pinar (Tatiana Recarey, Miguel Romero e Lara Romero) no seu desprazamento a Oroso e eso que se enfrentaba a un equipo moi similar o Oroso Trastes e a clave estivo nos dobres que de gañalo a vitoria viría seguro para Zas. No outro enfrontamento a diferencia é de momento moi grande. Pero nesta 2ª galega o encontro principal estivo no derbi entre o AD Zas Dimobel Bazar Baio (Matteo Yang, José A.Pazos e M. José Castro) e o VTM Pinturas Figueiras (Francisco Paz, Brais Touriñán e Julio Figueiras) e todos os partidos deron mostras de verdadeiro derbi con puntos moi largos e moi disputados, Cos nervios en tensión en cada momento os que mellor os controlaron foron os de Vimianzo e así se levaron a vitoria neste derbi.

Compromisos deste semana

Nesta ponte de Santos celébrase o torneo zonal en A Estrada con xogadores de Galicia, Asturias, Pais Vasco, Cantabria, A Rioxa e Castela León. Nel participaran 11 xogadores do AD Zas, algúns con moitas posibilidades de clasificarse para o torneo Estatal, que é o obxectivo deste torneo. Así Ana García e Miriam Domínguez en xuvenil femenino, son as que mais posibilidades teñen pois xa se clasificaron o ano pasado. Laura García tamén en alevín femenino, ainda que este ano con mais dificultades pois está nunha categoria superior. Edu Quintela e Brais Blanco darian a sorpresa si se clasifican pero non o teñen descartado, a súa categoría sub 23 será a mais disputada. Os outros 6 xogadores, Luis Azevedo, en senior; MIguel Romero, en infantil; Lara Romero e Tatiana Recarey, en alevín; e Raul e Maria Castro en xuvenil; si se clasifican para as rondas finais xa será un éxito, algún/ha conseguirao pero logo pasar duas rondas mais xa será outro cantar. Todos medirán o seu nivel con xogadores de todo o norte peninsular e que xogan en categorias mais altas, será un bo examen para todos eles. Este é o calendario de cada un: xoves 1, pola tarde, de 16'00 a 20 h. Laura García, Lara Romero e Tatiana Recarey en alevin femenino Venres 2, pola mañá de 9'00 a 14'00 h. As anteriores si se clasifican. Edu Quintela e Brais Blanco en sub 23 Venres 2 pola tarde, de 15'00 a 20'00 h. Edu Quintela e Brais Blanco si se clasifican. Ana García, Miriam Domínguez, Maria Castro e Raúl López en xuvenil Miguel Romero en infantil Sábado 3 pola mañá de 9'00 a 14'00 h. Ana, Miriam, María, Raúl e Miguel si se clasifican Luis Azevedo en senior. Sábado 3 pola tarde, de 15'00 h a 20'00 h. Luis Azevedo, si se clasifica. Ademais desprázanse para árbitrar varios árbitros do club, colaborando así na organización do torneo no que se darán cita mais de 400 xogadores/as

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/outra-xornada-feliz-para-o-tenis-de-mesa-costeiro/

Comentarios