Mércores. 08.05.2024
El tiempo

O San Pedro de Muros farase con ou sen autorización de Portos

O San Pedro de Muros farase con ou sen autorización de Portos
Festas San Pedro de Muros 2015

Arrinca o San Pedro de Muros, unha das festas máis esperadas do ano. Pero aínda falta un papel, o da autorización de Portos de Galicia para poder utilizar os terreos do peirao para as barracas.

Un papel que chega cada ano, pero que desta volta aínda non o fixo, a pesar de son moitos os establecementos e negocios que sobreviven todo o ano gracias ás festas de San Pedro, ás do Carmen, ou o propio Castelo Rock, que tamén seguen pendentes do devandito papel. Sorprendentemente, esta semana Porto rexeitaba o permiso alegando que “non son actividades portuarias”…

En todo caso, a nova alcaldesa María Xosé Alfonso, de Compromiso por Galicia, anunciaba a través das redes sociais e nunha reunión cos propios veciños que as Festas de San Pedro e o Castelo Rock vanse realizar con ou sen autorización. Pode que o Curro da Praza sirva de novo escenario, ou pode que simplemente se realice onde sempre, esperando que Portos recapacite.

Manifestación

Apoiando a decisión da alcaldesa, o grupo do BNG vén de convocar unha concentración popular contra o comunicado de Portos de Galicia. Desde as Asembleas Abertas do BNG de Muros non entende como “unha entidade pública, como Portos de Galiza, non pode usurparlle ao pobo o que, desde tempos inmemoriais, forma parte da súa identidade colectiva”. “O Porto de Muros é de tod@s!”, sinala.

Por iso, propón unha concentración para este sábado ás 12:00h fronte a Lonxa Vella para esixir a cesión do espazo para a veciñanza.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios