Xoves. 09.05.2024
El tiempo

O programa de actividades de verán de Vimianzo potencia os recursos patrimoniais do municipio

O programa de actividades de verán de Vimianzo potencia os recursos patrimoniais do municipio
Os vimianceses e vimiancesas poderán gozar este verán dunha nutrida axenda de actividades lúdico-culturais posta en marcha polo departamento de Turismo e Patrimonio do concello de Vimianzo. O castelo de Vimianzo - icona da vila e principal centro receptor de visitantes - ademais de ofrecer visitas guiadas e teatralizadas para relatar a súa historia, enxalzará o traballo dos artesáns que alí se dan cita cunha proposta de demostracións en vivo, exposicións e mesmo obradoiros abertos a todos os públicos. Será asemade o castelo, lugar de encontro para as visitas guiadas de cada mañá de sábado dentro do programa “Vimianzo, historia viva” que pretende valorizar e dar a coñecer o importante e numeroso patrimonio que se sitúa no municipio. Estas rutas temáticas serán tan variadas que versarán dende patrimonios intanxibles, como o relato sobre as tradicións vinculadas á Faguía de Carnés das que se falou a pasada fin de semana, ás construcións milenarias dos seus dolmens de pedra que se apreciarán na saída do vindeiro sábado. Ademais, no programa de verán de Vimianzo tamén hai un oco para as actividades nocturnas e a música. Actividades Castelo de Vimianzo. Verán 2017
  • Mostra de artesanía en vivo todos os días de martes a domingo de 10:30 a 14 horas e de 16:30 a 20:30 horas
Mes de Xullo
  • 22 de xullo: Obradoiro de maquetismo sobre o mundo do mar e a pesca (maquetas de barcos, nasas e outros aparellos). Chema Suárez
  • 29 de xullo: Obradoiro de olería de buño para todos os públicos. Olería Cambón
Mes de agosto
  • 5 de agosto: Obradoiro de cestería. Asociación Neira Marcos de Salto
  • 12 agosto: Obradoiro - demostración. Adornos e feituras textís: vainicas, incrustre feito a man, bolillos e tear. Asociación Santiaguiño de Carreira
  • 19 agosto: Encontro de palilleiras e panillada con foliada, café e rosca. Asociación Panillo Nemanquiñas
  • 26 agosto: Obradoiro de olería de Buño para todos os públicos. Olería Lista
Exposcións:
  • 1ª quincena de agosto: Especial Liño
  • 1ª semana de agosto - colección 1900 (roupa de época)
  • 2ª semana de agosto – colección roupa de fogar + colección complementos de moda. (Asociación Amigos do Liño)
  • 2ª quincena de agosto: Especial Olería. Innovación e vangarda na olería de Buño: Olería Cambón e Olería Lista
Novas relacionadas Fonte Redacción QPC ([email protected]) Concello de Vimianzo

Comentarios