Mércores. 15.05.2024
El tiempo

O Plan Único permite desenvolver medio centenar de obras na comarca de Bergantiños

O Plan Único permite desenvolver medio centenar de obras na comarca de Bergantiños
proxecto-rua-rio-carballo Así quedará a rúa Río de Carballo tralas obras do Plan Único

Ata 48 obras realizaránse nos concellos da comarca de Bergantiños a través do Plan Único da Deputación, que destina máis de 5 millóns de euros a obras e investimentos. A maioría dos concellos da zona elixiron dedicar gran parte dos fondos provinciais para mellorar as infraestruturas municipais, financiando así obras en estradas e rúas, instalacións deportivas, saneamentos, reformas en centros educativos e culturais á creación de zonas verdes e de ocio.

Ademais, o número de obras verase incrementado grazas á incorporación de 2.773.808,96 de euros de remanentes nos concellos da comarca. Estes novos fondos do Plan Único están xa a disposición dos municipios para que decidan a que os van destinar.

Obras en Carballo

Focalizando, hoxe a Deputación destaca as obras do acondicionamento do aparcamento do Fórum e a creación de beirarrúas na rúa Saturnino Cuiñas, en Carballo, así como a reurbanización do entorno do CEIP Xesús San Luis Romero.
Os traballos que saíron o pasado venres a licitación concentraranse na rúa Saturnino Cuiñas, que se dotará dunha plataforma única sen diferenzas de nivel, co obxectivo de mellorar as condicións de mobilidade peonil e eliminar as barreiras arquitectónicas que impiden a accesibilidade universal.

A zona de aparcamento situada na parte sur da rúa Saturnino Cuíñas, que presta servizo ao Fórum de Carballo, repavimentarase mediante a instalación de cespeado portante. Este espazo verde potenciarase cunha de arbolado que actuará como separación da rúa Saturnino Cuiñas e absorberá o desnivel. No extremo sur desta zona, crearase un espazo de espallamento, cun banco corrido que irá adosado á medianera dos edificios. Doutra banda, tamén se actuará na rúa Cemiterio Vello, situada no extremo oposto do CEIP Xesús San Luis Romero, para construír novas beirarrúas con pavimento de adoquíns en granito silvestre, que terán 1,90 metros de ancho.

A través do novo plan provincial, o Concello de Carballo recibe 2,45 millóns de euros para o ano 2017, cos que se financiarán melloras en infraestruturas municipais coma o campo de fútbol de Sofán ou diversas rúas do casco urbano. Asemade, o Plan Único tamén contribuirá a financiar o gasto corrente municipal, aportando 888.143 euros para custear os servizos de alumeado público e limpeza viaria.

Novas relacionadas

Fonte

  • Deputación.

Comentarios