Martes. 07.05.2024
El tiempo

O pavillón de Zas acolleu un completo campionato Provincial de tenis de mesa

O pavillón de Zas acolleu un completo campionato Provincial de tenis de mesa
Gran ambiente no pavillón de Zas no Provincial de tenis de mesa Gran ambiente no pavillón de Zas no Provincial de tenis de mesa Fantástico ambiente esta pasada fin de semana no Pavillón de Zas. O polideportivo zaseiro acollía o Campionato Provincial de Tenis de mesa, unha cita organizada polo AD Zas, coa colaboración do Concello de Zas e do Servizo Provincial de Deporte da Xunta de Galicia. Alí estiveron moitos dos pequenos do tenis de mesa costeiro, demostrando o potencial da nosa comarca neste deporte. As grandes campionas foron as cadetes do AD Zas, pero tamén competiron moi ben os xogadores do Mazaricos, do Cee ou do Vimianzo. Equipos cadetes femeninos de AD Zas no provincial Equipos cadetes femeninos de AD Zas no provincial BENXAMÍN MIXTO 1º Club Narón "B" 2º Club Narón "A" 3º CT Oroso Abanca 4º AD Zas Cee "A" 5º CEIP As Mirandas BENXAMÍN FEMENINO 1º Club del Mar ALEVÍN FEMENINO 1º AD Zas 2º Concello Mazaricos 3º Club Narón ALEVÍN MASCULINO 1º AD Zas 2º Club Narón 3º CPI A Baña 4º Concello Vimianzo 5º Cidade de Narón "A" 6º CT Oroso Deporte Galego INFANTIL FEMENINO 1º Arteal 2º Club del Mar INFANTIL MASCULINO 1º CT Oroso Galicia Calidade 2º Club Narón 3º Concello Vimianzo 4º Colegio Internacional Eiris 5º IES David Buján 6º C D Cruceiro de Roo

Campionato Galego

Paralelamente, Brais Blanco, Edu Quintela, Gonchu e o equipo femenino Aluminios Xeal formado por Ana García, Miriam Domínguez e María Castro, viaxaban para disputar o campionato galego absoluto. Dos chicos só Edu Quintela se clasificou para a fase final perdendo en Oitavos. As chicas quedaron 5ª e dando a talla ante equipos de Superdivisión como é Arteal e de Dividión de Honra como Monte Porreiro. Só ante estas caeron Miriam e María por apretados resutlados.

Vindeira fin de semana

Menos competición pero o tenis de mesa non para. Este sábado desprazaranse varios membros de AD Zas ata A Baña para participar na clausura das escolas deportivas de dito concello con demostracións de como se xoga a tenis de mesa. E o domingo os xogadores dos equipos de Vimianzo, Zas e A Baña participarán naúltima xornada da liga Ksas de Oroso en Sigüeiro.

Crónicas da tempada

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios