Venres. 19.04.2024
El tiempo

O Modesto Patrimonio: A morte dunha veciña de Buxantes en Cee polo exército francés e o apelido “Lema”

O Modesto Patrimonio: A morte dunha veciña de Buxantes en Cee polo exército francés e o apelido “Lema”
Lugar de A Filgueira-Muxia-Foto-Modesto Garcia Quintans

Ollando o libro “Los Franceses en Cee” do historiador Francisco Mayán Fernández, natural desta Vila, na páxina 111 di:“El 21 de Abril de 1809 falleció Rosa de Lema, soltera, hija natural de Catalina Lema, difunta, natural de la parroquia de S. Pedro de Buxantes y vecina de Cee. No recibió los Santos Sacramentos por haber sido muerta violentamente por las tropas francesas en que volvieron por segunda vez a invadir y quemar esta villa y su iglesia que habían robado el día 12 de este mes. Se dio sepultura en el atrio de la iglesia. Se ofició su entierro con la asistencia de cinco señores sacerdotes”.

Acabado o relato entroume a curiosidade de indagar de que lugar podía ser esta Catalina Lema. Repasando uns documentos da época dos aforamentos había “Lema” nos lugares de Anseán, Busto, A Filgueira, Miñóns, Vilar, Xestosa e Figueiroa. Pero aproximeime máis ás datas dos acontecementos con outro documento (primeira década de 1800) e só atopei “Lema” nos lugares de Anseán, Busto, A Filgueira, Miñóns e Figueiroa. O careceren do segundo apelido, tiña moi difícil relacionalos entre sí. Sábese que no lugar da Filgueira, ó remate do s.XVIII, había unha familia poderosa con apelido “Lema” que estaba emparentada coa familia do Torrado de Anseán. Dominga Maceiras Lema (filla de Pedro Maceiras, o que fundou a capela de San Miguel na igrexa parroquial) casouse con Tomás Quintáns, dando comezo á familia Quintáns da Filgueira. A partir de aquí a familia “Lema” perde protagonismo, emigrando parte dela a outras latitudes, como Cee, polo que esta Catalina creo que debía ser deste lugar da Filgueira. Na actualidade sigue existindo “Lema” neste lugar, pero creo que procede do lugar de Anseán.    

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/a-revista-nalgures-afonda-na-historia-da-igrexia-parroquial-de-muxia-e-na-orixe-dos-seus-apelidos/ https://quepasanacosta.gal/cales-son-os-apelidos-mais-tipicos-do-teu-concello/

O Modesto Patrimonio

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios