Mércores. 08.05.2024
El tiempo

O conto do Apalpador

O conto do Apalpador
Diferentes visions do Apalpador

Encantados estamos das iniciativas que recuperan a figura do Apalpador por toda Galicia. Seguindo os pasos do Olentzero euscaldún, o Apalpador busca o seu sitio no Nadal galego, entre o Papa Noel e os Reis Magos, pelexando contra o consumismo exacerbado e propoñendo castañas no lugar de maquiniñas.

Ten pasado por Carballo, por Corcubión… e mesmo tivemos a sorte de manter unha entrevista con el. Lembren que tendes Todos os programas de Nadal dos Concellos da Costa da Morte, pero hoxe, escoitamos como foi algunha das visitas dun Apalpador calquera (Apalpador pode ser calquera, só hai que ter vontade por manter viva unha tradición galega, pero pssss, que non nos lean os cativos), polas escolas da bisbarra:

Deixádeme que vos conte un conto
Resulta que eu xa fai un lote de anos, alá polos anos 90, coñecín a figura do Apalpador por medio de asociacións que traballaron arreo para dar a coñecer unha figura que estaba case esquecida…
Sempre tiven unha certa atracción por esta figura do Nadal Tradicional Galego…
O que nunca me imaxinei daquela, é que eu un día ía ir polas rúas de Corcubión facendo de Apalpador….

O máis incrible, é que entre lambonadas e regalinos, conseguín calalos ao ir contando a historia…
Xamais esquecerei, os ollos coma pratos dos mais cativos cando agachándome para contar a historia, pousaba larpeiradas no chan, e baixando o ton, explicaba como os ía espallando polos corredores da casa para que ao final atopasen os agasallos... Foi o segundo tesouro do día…
Hoxe durmo feliz…
, recoñece o mesmo Apalpador.

O Apalpador na BiblioCarballo O Apalpador vistou a Garderia de Corcubion

O Apalpador en vídeo



O Apalpador

Programas de Nadal

Outras novas de Nadal

Fonte

Comentarios