Mércores. 15.05.2024
El tiempo

O Club Xadrez Cabo Touriñán prepárase para unha emocionante a recta final

O Club Xadrez Cabo Touriñán prepárase para unha emocionante a recta final
Club Xadrez Cabo Tourinan en Boiro Partidas do Club Xadrez Cabo Touriñán en Boiro en xaneiro

Ca posta en marcha da pioneira Escola de Xadrez de Muxía como gran foco de atención do mundo dos taboleiros, o Club Xadrez Cabo Touriñán continúa a súa andaina impecable na Liga. Volveu gañar esta fin de semana, quedando todo por resolver nas últimas catro roldas da liga onde terán que enfrontarse a os seus rivais directos.

Esta xornada xogaban os muxiáns, corcubioneses contra o último clasificado.

Cabo Touriñán 3 – A Estrada 1

Resultados por taboleiro:  
  • José Soneira- Basilio Guijarro 1-0. Soneira fixose ca iniciativa  ao gañar un peón central na décima xogada, posteriormente gañou unha peza e a partida rematou na xogada 20.
  • Alberto Esteban - Manuel Lamas 0-1, Partida con enroques opostos na que o xogador da Estrada non conseguiu elavorar ningún plan, Manuel lanzou un ataque ao enroque inimigo e terminou dandolle mate.
  • Ramón Franco – Alex Vázquez 1-0. Ramón xogou un gambito de Rei, e tras varios cambios de pezas chegouse a un final onde cometiu varios erros,  pero o seu rival non soubo aprobeitalos e tras un golpe táctico logrou un ataque ao rei con mate imparable.
  • Adrián Rey – José Sar 0-1. O rival de José deixouse  peón na apertura pero a posición estaba aberta con mellor disposición de pezas do xogador da Estrada que tras un erro de José conseguiu gañar unha peza e chegar a un final gañado.

Vindeira xornada

Hai un parón de dúas semanas por mor dos campionatos galegos que se disputarán en Padrón, para voltaren xogar o día 7 de abril en Oroso.

Máis información

Novas relacionadas

Crónicas do curso

Fonte

Comentarios