Domingo. 19.05.2024
El tiempo

O Camiño dos Faros SenLímites botou andar dende a Coruña

O Camiño dos Faros SenLímites botou andar dende a Coruña
Presentacion Camino dos Faros sen Limites no Agora-Foto-Rafa Quintans Presentación Camiño dos Faros sen Límites no Ágora-Foto-Rafa Quintáns Ata Coruña, ata o Centro Ágora, foi a Federación Provincial de ANPAS Provincial e da Costa da Morte a presentar a II Edición do Camiño dos Faros SenLímites. Unha edición organizada pola propia FEDANPA, que percorrerá o máxico Camiño dos Faros, unindo Malpica e Fisterra pola costa a través de 8 roteiros inclusivos, que comezan o 11 de marzo e rematan o 17 de xuño (sempre realizados en sábado pola tarde). Quen mellor que os deportistas Martín Varela (Vidú) e Manuel Cantelar (Un Paso Máis) para participar na presentación deste proxecto que fai transitable para todo o mundo unha ruta de sendeirismo. Os membros da asociación Rompendo Límites e Camiño dos Faros, tamén acompañaron á organizadora, como outras moitas entidades inclusivas da provincia, e lembraron que cada participante deberá inscribirse en cada etapa na páxina www.fedanpas.org, no apartado CF SenLímites . A inscrición será gratuíta, só debe colaborar no pago do seguro (non superará o valor de 1 euro / persoa) en caso de que non estea asociado a un colectivo e / ou careza dun seguro de accidentes. Xente no Agora para a presentacion do Camino dos Faros sen Limites-Foto-Rafa Quintans Moita espectación na Coruña-Foto-Rafa Quintáns

O Tríptico

Triptico Camino dos Faros Sen Limites 1 Triptico Camiño dos Faros Sen Limites 2

Así foi o ano pasado

[fbvideo link="https://www.facebook.com/fedanpas.provincial/videos/582825038581054/" width="800" height="500" onlyvideo="1"]

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios