Mércores. 15.05.2024
El tiempo

O BNG de Cee solicita enganchar Lires e Pereiriña coa rede de suministro de augas

O BNG de Cee solicita enganchar Lires e Pereiriña coa rede de suministro de augas
Ameixenda pasou varios días sen auga este verán-Foto-Pablo Alvarez Garrafas para salvar a seca en Ameixenda-Foto-Pablo Alvarez

Xa se está notando a seca (xa activada a Alerta) por Cee. Se xa en verán houbo parroquias como Ameixenda que pasaron varios días sen auga corrente, este mes de outubro tamén está habendo cortes de suministro noutras parroquias como Lires ou Pereiriña, pola escaseza da mesma nas traídas veciñais. .

Por iso, dende o BNG queren solicitar solucións á falta de augas. Consideran que hai que en conta que este problema vai ir a mais nos vindeiros anos, e que é unha das obrigas que a lei contempla para os concellos (dar servizo auga e saneamento). Así, consideran que “cómpre comezar a poñer remedio paulatino para, como pasa en moitas ocasións, non ter que asumir todo de golpe cando o problema sexa irreversible”.

Propón que o POS+ 18 da Deputación, no que ao concello vanlle chegar máis de 700.000 euros, se inclúa a obra de subministro a Bermún (Pereiriña), incluíndoa á acometida princial que chega dende o encoro de Santa Uxía do Ézaro. Do mesmo xeito solicitarán que a obra se faga coa previsión de levar esa traída até Lires, onde nas últimas semanas, e debido a escaseza por un lado, e a que aumenta a poboación na época estival, tamén está a sufrir cortes diarios.

 

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios