Mércores. 08.05.2024
El tiempo

Novos contidos para a nova temporada do Fútbol da Costa

Novos contidos para a nova temporada do Fútbol da Costa
FutboldaCosta Portada Facebook QPC co Fútbol da Costa Comezou a pasada semana de xeito oficial unha nova temporada do Fútbol da Costa. Xa son 9 as temporadas que mantemos o pulso informativo do noso fútbol costeiro, sendo a gran referencia na materia. Lonxe queda aquel 2009 cando o gran Óscar Santos aparcaba a mítica páxina da UD Vimianzo e se unía ao equipo de QPC para comezar un seguemento espectacular do noso deporte rei. Este ano manteremos vivo “o único carrusel do fútbol modesto galego” a través da plataforma www.futboldacosta.com Gracias á colaboración dos clubs, teremos un enviado especial en cada campo que nos vai ir contando como vai o marcador en tempo real. Así poderedes ir recargando a páxina para ir vendo como van os partidos. O curso pasado a web rexistrou máis de 10.000 usuarios conectados ao longo da fin de semana.

Novos contidos

Ademais, QPC renova o seu equipo de redacción deportiva. Temos que lamentar a marcha Guillermo Parga (ao que agradecemos encarecidamente o seu traballo e a súa afiada pluma da que tanto temos aprendido estes anos), pero seguiremos traballando para segur vertebrando a Costa da Morte a través do Fútbol, dende Malpica ata a Serra de Outes. Para iso, ademais da plataforma www.futboldacosta.com, teremos os seguintes contidos no propio QPC:
  • Crónica dominical: cada domingo, como sempre, despois do carrusel en directo, traeremos un pequeno comentario co máis destacado de cada fin de semana.
  • Crónicas dos luns: os luns, ao longo da mañá, traeremos as crónicas das 4 ligas principais (Preferente Norte, 1ª, 2ª e 3ª Galega).
  • Entrevista da semana: Os martes traeremos unha entrevista con algún destacado da xornada.
  • A Pipa: coma sempre, os martes, Manolo Corredoira traeranos unha resumida análise das 4 Ligas, ideal para manter o pulso de todas as competicións.
  • Crónicas Xuvenís: Os martes, pola tarde, traeremos tamén as crónicas dos Xuvenís.
  • Horarios: Os mércores pola mañá actualizamos os horarios de todas as Ligas Federadas en www.futboldacosta.com.
  • ”Ollando a canteira”: os xoves, alternándose coa sección de Historia, teremos unha ollada ao fútbol base, falando cos protagonistas.
  • ”Unha de Historia”: os xoves, alternando coa sección de Canteira, traeremos fantásticas reportaxes da historia do noso fútbol. Hai moito que contar!
  • Previa co Partido da Xornada: O venres faremos a previa xeral, destacando ademais o partido máis destacado da xornada falando cos protagonistas.
  • Carrusel tecnolóxico: o sábado actualizaremos todos os resultados de todas as Ligas federadas segundo vaian rematando os partidos en www.futboldacosta.com e os domingos, ademais teremos o carrusel cos goles en tempo real das 4 ligas principais.

Máis información

Fonte

Comentarios