Martes. 07.05.2024
El tiempo

Novo e eterno retraso da VAC

Novo e eterno retraso da VAC
Non, as obras da Autovía non comezarán antes do verán. Tampouco o farán en setembro. I é que haberá que repetir, unha vez máis, o proceso de adxudicación das obras da VAC no treito Carballo - Berdoias. O concurso de licitación das obras quedou anulado no Consello de hoxe co que a necesaria infraestrutura sufrirá un novo retras. Así o afirmou o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, que vemos na foto nunha visita a Cee o pasado mes de abril. Trátase da 3ª licitación e veremos se a definitiva. Prevese que a nova lictación se dea antes de que remate este ano, e no segundo semestre do ano que vén inicio das obras. Eiso que hai un mes afirmaban que antes de rematar setembro estarían as obras adxudicada. A Xunta afirma que a renuncia á celebración do contrato de concesión faise para realizar a "substitución o canon de demanda do actual prego polo canon de dispoñibilidade".

Novas datas previstas

Nova licitación Decembro de 2010
Adxudicación 2º trimestre 2011
Inicio das obras 3º trimestre 2011
Remate das obras Ano 2013

A Xunta asume 8 meses de retraso

Van anos dende que as promesas xa nos colocaban unha autopista de Carballo a Fisterra no 2011. "A Xunta asume un retraso de oito meses no inicio das obras", e asegura que “A autovía da Costa da Morte está blindada e vaise executar nesta lexislatura”. Fonte Quepasanacosta

Comentarios