Xoves. 09.05.2024
El tiempo

Mulleres do Programa PIE fórmanse na atención sociosanitaria

Mulleres do Programa PIE fórmanse na atención sociosanitaria

Xa con 35 insercións laborais, con 35 mulleres traballando, e despois de máis de 10 accións colectivas (cursos, charlas e seminarios), continúa formando o Programa de Emprego PIE, dirixido exclusivamente a mulleres dos concellos de Camariñas, Muxía e Vimianzo 2017. Nestas datas de verán están cursando o certificado de profesionalidade de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais.

É unha das accións máis importantes dentro das organizadas polo programa de emprego, tanto pola súa duración (450 horas), coma pola importancia do sector en canto a posibilidades de inserción laboral das persoas que obteñen o certificado profesional.

O curso estase impartindo nas instalacións da empresa Colaxe SL, en Laxe, e está previsto que a formación teórica e práctica se leve a cabo durante os próximos meses ata o seu remate o próximo 19 de novembro. Serán 360 horas de formación teórica (do 8 de agosto ao 5 de novembro) e 90 horas de formación práctica en empresas da zona (do 6 ao 19 de novembro).

Daquí ao remate do PIE, o 30 de novembro, están programados outros cursos coma o de trámites coa administración a través de internet, que se celebrará a próxima semana, e outros relacionados coas habilidades sociais, a busca de emprego, a igualdade, a concliliación laboral e familiar e a mobilidade laboral, que se cursarán a partir de setembro.

a

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/35-mulleres-de-camarinas-muxia-e-vimianzo-xa-traballan-gracias-ao-programa-pie/ https://quepasanacosta.gal/mais-de-30-mulleres-xa-conseguiron-emprego-co-programa-pie/

Comentarios