Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Mercé Barrientos e Yano Yoro presentan un libro en Muxía

Mercé Barrientos e Yano Yoro presentan un libro en Muxía
A biblioteca municipal de Muxía acolle mañá ás 20:45 horas a presentación do libro "Conciencia máxica de ser anfibio. Once realtos de Muxía" nun acto no que estarán presentes as súas autoras - Mercé Barrientos e Yano Yoro - así como coa do escritor Xaime Toxo, o pintor Antón Sobral e o alcalde de Muxía, Félix Porto. "Conciencia máxica de ser anfibio" é a primeira obra de Mercé Barrientos, veciña de Muxía e expresidenta da Federación Galega de Taekwondo, e foi prologado por Antón Castro, crítico de arte e tamén veciño de Muxía. O crítico defíneo como un libro minimalista, un opúsculo de memoria emocional co que a autora recupera o identitario dilema imaxinado por Gauguin no seu famoso cadro de 1897 “Quen somos? De onde vimos? Onde imos? Segundo se indica no prólogo, os once relatos do libro esténdense nunha estrutura circular que nace no espírito do mar e se pecha no do vento. Nel líganse as pequenas historias contadas nun cántico agradecido ao territorio, á infancia e ao mar de Muxía. O libro foi ilustrado por Yano Yoro, artista especialista en Sumi-e - escola de pintura china e xaponesa - que reside en Muxía desde hai máis dunha década. A ilustradora ten realizado numerosas exposicións, algunhas delas inspiradas na paisaxe da Costa da Morte como “Diálogo co Vento” ou “En tránsito” nas que capta en diversos soportes a esencia deste espazo de singular beleza modelado polo mar e o vento. O impulsor deste proxecto foi o pintor e activista cultural Antón Sobral, promotor e responsable da edición. Algúns dos relatos son de finais dos anos 90 e outros, moi recentes, do presente ano, no que Mercé concluíu un proceso iniciado dúas décadasantes e no que o lector poderá facer un percorrido por moitos feitos acaecidos en Muxía contados a través das verbas da autora, nas que tampouco faltarán feitos fabulados. O libro, que remata cun poema, imprimiuse no Obradoiro Campus na Nube de Santiago de Compostela en xuño de 2017. Recadación Os dereitos de autor recadados na venda serán ingresados nunha conta que o concello de Muxía, a Confraría de Pescadores e o Santuario da Barca teñen aberta conxuntamente para a reconstrución do retablo principal do Santuario da Barca, que foi destruído na noite de Nadal de 2013 por un incendio. Fonte

Comentarios