Domingo. 19.05.2024
El tiempo

Mar e Turismo asinan en Muxía un convenio de colaboración

Mar e Turismo asinan en Muxía un convenio de colaboración
A sinatura ten lugar dentro do marco das Axudas do Fondo Europeo Maritimo e de Pesca 2014-2020 A sinatura ten lugar dentro do marco das Axudas do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020 Con motivo da publicación o pasado xoves 9 de xuño a Orde de Axudas destinadas o desenvolvemento sostible dos pobos costeiros no marco Fondo Europeo Marítimo e da Pesca para o programa 2014-2020, a consellería do Mar e Axencia de Turismo asinarán un acordo de colaboración para a coordinación de actuacións públicas sobre o turismo en Galicia ao abeiro deste programa. Para o territorio do Galp Costa da Morte, do que forman parte os municipios de A Laracha, Carballo, Malpica, Ponteceso, Cabana, Laxe, Vimianzo, Camariñas e Muxía, o orzamento é de 5.478.526 euros en axudas a fondo perdido para proxectos produtivos e non produtivos. Os promotores disporán de un mes de prazo para presentar proxectos nesta primeira convocatoria. Unha vez transcorrido este prazo as solicitudes poderán acollerse a futuras convocatorias ata 2020. Asistirán ao acto de sinatura, en representación da Consellería do Mar, a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez Carballo e en representación da Axencia de Turismo de Galicia a súa Directora Mª Nava Castro Domínguez. O acto terá lugar hoxe ás 12 horas, no albergue Bela Muxía - un dos proxectos financiados polo Grupo de Acción Costeira Costa da Morte (agora Galp Costa da Morte) -. Despois deste acto as representantes da consellería do Mar e Axencia de Turismo de Galicia tamén visitarán o albergue Arribada de Muxía, proxecto financiado no anterior programa de axudas polo Galp Costa da Morte e que se caracteriza por dispoñer dunhas instalacións totalmente accesibles para persoas con diversidade funcional.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios