Venres. 29.03.2024
El tiempo

Loly González estréase no mundo da novela co seu “Amor viajero”

Loly González estréase no mundo da novela co seu “Amor viajero”
Loly Gonzalez asinando os seus libros Amor viajero-Foto-Rafa Quintans Loly Gonzalez asinando os seus libros Amor viajero en Cee-Foto-Rafa Quintans

O pasado mércores 22 de novembro tivo lugar na Sala de Conferencias da Casa de Cultura de Cee, a presentación de "Amor viajero”, a primeira novela da ceense Loly González. A autora manifestou a súa ledicia por ver cumplido un soño, ó tempo que aproveitou para dar as grazas á súa familia e a todas as persoas que creron nela e que a apoairon nestes últimos cinco anos nos que estivo loitando por sacar adiante este proxecto.

Avanzou tamén que está moi próxima a rematar a segunda parte de "Amor viajero" e que tamén está traballando nun libro de "fantasía" para público infantil-xuvenil.

Presentacion do libro de Loly Gonzalez-Foto-Rafa Quintans Con Loly González estiveron José Ramon Rey Senra, David Creus e o técnico de cultura, Víctor Castiñeira-Foto-Rafa Quintáns

Acompañárona na presentación, o técnico da biblioteca ceense José Ramon Rey Senra, o poeta e mestre David Creus e o técnico de cultura, Víctor Castiñeira.

Sen entrar a descubrir os pormenores do libro, os acompañentes incidiron en felicitar á autora por dar o díficil paso de publicar este primeiro libro, de lectura fácil e amena, escrito desde o sentimento e no que se conxugan as aventuras, o misterio e o amor.

Presentacion do libro de Loly Gonzlez-Foto-Rafa Quintans Fotos de Rafa Quintáns

Fonte

Comentarios