Domingo. 19.05.2024
El tiempo

Íntegro lánzase ao crowdfunding

Íntegro lánzase ao crowdfunding
XARDIN TERAPEUTICO ADAPTADO-Integro

Non para a xende da Asociación Íntegro, que está a completar un 2016 tremendamente novedoso e ilusionante cheo de proxectos e iniciativas en favor das persoas con diversidade funcional das comarcas de Bergantiños, Terra de Soneira e Fisterra. A nova proposta vén da man da cidadanía, ademais, coa apertura dun proxecto de crowdfunding para facer realidade un fermoso e moi ansiado soño: construír un xardín terapéutico adaptado para uso e gozo dos seus usuarios/as, así como das persoas con diversidade funcional da Costa da Morte.

Con esta iniciativa, que conta co apoio da Fundación Develop e COGAMI, preténdese crear un novo espazo axardinado ao aire libre, deseñado especificamente para desenvolver e potenciar as capacidades e habilidades das persoas con disCapacidade, obtendo importantes beneficios físicos, psicolóxicos e sociais na súa vida diaria. A través das cores, dos aromas e das texturas poderemos estimular a memoria e a mente, mellorar a percepción do tempo, aumentar a autoestima e fomentar a actividade física. O xardín terapéutico tamén brindará a oportunidade de manter un contacto permanente coa natureza propiciando as relacións interpersoais e novas formas de expresión social. Esta zona verde adaptada contará con sendeiros accesibles para persoas con mobilidade reducida, xardineiras a diferentes alturas e espazos habilitados para a realización de todo tipo de actividades. O mobiliario (bancos, macetas...) será construído en madeira polos usuarios e usuarias do obradoiro de carpintería do0 Centro de Recursos de Nantón ao igual que a plantación de herbas aromáticas, arbustos, céspede e outro tipo de árbores froiteiros.

Financiamento social

Ao tratarse dun proxecto de crowdfunding, a súa viabilidade depende exclusivamente da colaboración solidaria e desinteresada da cidadanía. Trátase dun método de financiación colectiva xestionado integramente dende unha páxina web que colabora facendo posible a realización de proxectos sociais singulares e moi innovadores. As persoas que desexen contribuír a facer realidade este soño poderán participar, ata o vindeiro mes de setembro, con doazóns económicas (de 10 a 500 €, en función da capacidade de cadaquén) a través da páxina www.grupodevelop.com, apartado crowdfunding, proxecto Xardín terapéutico adaptado Asociación Íntegro. Para máis información tamén podes chamar ao 981 73 49 85 ou poñerte en contacto en [email protected].

Máis informacióin

  Novas relacionadas

Fonte

Comentarios