Venres. 29.03.2024
El tiempo

FutFem: Pensando no partido da Selección Feminina

FutFem: Pensando no partido da Selección Feminina
Homenaxe da Esteirana ao Futbol Feminino Non había xornada do fútbol feminino por mor do Campionato de Seleccións no que participou Marta Calvo, pero si que saltaron ao céspede as Miúdas, aproveitando para disputar un partido atrasado para pechar a primeira volta. Unha nova vitoria para un cadro muradán que remata esta primeira fase do campionato na 3ª praza, a 2 puntos do Boiro. Se ben esta fin de semana hai liga, as xogadoras do fútbol costeiro xa pensan na Homenaxe da Esteirana ao fútbol feminino, que organiza o cadro esteirán para o vindeiro sábado 29 de decembro. A cita enfrontará ás mesmas Miúdas contra a Selección da Costa Femininna. As ordes do adestrador David Castro estarán para un primeiro adestramento este mesmo mércores 26 de decembro en Vimianzo, as seguintes xogadoras:
  • SD Tordoia: Lucía Couñago, Ana Fuentes e Carla Varela
  • Victoria CF: Karina Tajes, Ana Bugallo, Iria Gundín e Sarai Muíños
  • Victoria FC: Carla Saborido e María Lijó
  • Bergantiños CF: Tamara García, Noelia Amarelle, Laura Seoane e Lorena Suárez
  • SD Esteirana: Laura Caamaño
  • Valencia CF: Ana Rodríguez
  • Atlántida Matamá: Tatiana Barcia
  • EF Luis Calvo: Elena Vázquez
  • Outes FC: Marta Calvo
  • Silva SD: Tatiana Túñez
  • SCD Pastoriza: Verónica Mallo
  • UD Cerqueda: Paula Veiga
  • Corme CF: Carla Pose

2ª División Feminina, xornada 13

  • Resultado: As Miúdas - Unión (4-2)
  • As Miúdas: Yaiza, Gala, Isa, Martina, Antía, Noelia, Leti, Sara, Marta, Bárbara e Pati. Entraron: Paula, Ainoa, María Dosil e Sandra.
O partido comezou con tanteo entre ambos equipos ainda que as ocasións caían sobre a area das de Rianxo, Bárbara entraría sin éxito na primeira delas, pero non perdonou na seguinte colocando o balón cun bonito remate desde o pico da area que se colou pola escadra no minuto 4. Non perdeu a cara o Unión e nun balón en largo para a súa referente ofensiva Laura atopou cun erro na saída de Yaiza que víu como o bote do balón a superaba e a propia Laura rematou de cabeza sobre a liña de gol no minuto 7. O duelo disputábase no medio do campo, o peso das locales caía sobre os pes de Noe que recuperaba para tentar sair con Leti e Sara, mentras que polas visitantes destacaba Alejandra dando pausa e buscando os desmarques de Laura. Así chegado o minuto 26 na saída dun córner, nóvamente Laura fusilaría a Yaiza dende a frontal aprobeitándose da pasividade da zaga local nos balóns divididos. Tras o mazazo nunha boa xogada na frontal de Sara que filtrou para Bárbara que tras plantarse soa ante a meta rianxeira veu como o seu despexe o remataba Pati a gol entrando moi atenta ó rechace facendo as taboas no minuto 29, ante as protestas do banco visitante pola posición dudosa de dianteira Miúda. Á saída dun córner tras un barullo na area pequena o balón cae no punto de penalti nos pes de Gala que solta un dereitazo que peta nas costas de Leti evitando o terceiro no minuto 35. E  antes do descanso un balón recuperado por Marta no medio campo e tras unha galopada á que ninguén foi capaz de frear veu como o remate era despexado pola gardamallas evitando a remontanda antes do tempo de lecer. Na reanudación, as Miúdas adiantaron liñas para intentar levar o peso do xogo en campo rival, e tanén cunha marcha máis para intentar deixar os puntos no Eleuterio Balayo, as de Asados tiraban de oficio para intentar cortar as embestidas das locales, pero as ocasións rondaban a portería de Viviana nos pes de Noe, Ainoa e Bárbara ainda que sin concretar. Unha falta na frontal de Yaiza sobre Noelia cando iba armar a perna foi executada de maneira contundente por Antía para poñer o buscado 3-2 no minuto 59. Os intentos ofensivos á contra das visitantes eran cortados no medio campo por unhas oficiosas Martina e Isa que estuveron moi serias tras o descanso sin permitir achegamentos perigosos sobre a area local e incluso prodigándose en ataque cando tiñan oportunidade. Con Sandra no campo o peso ofensivo “rossinejro” pasaba polos seus pes, a de Esteiro abría ás bandas buscando a velocidade de Bárbara e Ainoa, e sería esta última a que poría o definitivo 4-2 no minuto 70 entrando coma un misil pola banda dereita finalizando por baixo a meta rival. A capitana visitante Laura tería que pedir o cambio a 4 minutos do final por mor dun golpe nunha falta no medio do campo de Isa para evitar unha contra. E a mellor ocasión ata o final sería para Sandra que botou un libre directo que atopou o acerto de Viviana que chapou moi segura. E sin engadir nada chegou o pitido final no minuto 90.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/marta-calvo-debutou-ca-seleccion-galega-sub17/ https://quepasanacosta.gal/a-seleccion-corunesa-feminina-sub-15-queceu-motores-nas-redondas/

Comentarios