Xoves. 28.03.2024
El tiempo

FF: Vencendo entre insultos

FF: Vencendo entre insultos
Berro das Guerreiras As Miudas Berro das Guerreiras ao comezar os partidos

Nova vitoria das Miúdas, a cuarta en cinco partidos, nun choque marcado lamentablemente polas actitudes nas bancadas. As Miúdas foron absolutamente superiores ás xogadoras da Estrada, pero o espectáculo futbolístico quedou empañado pola triste actitude dalgún siareiro que non parou en todo o partido, coa permisividade do colexiado e do resto do campo, de increpar a árbitro e xogadoras. Un feito que non debe pasar desapercibido e sobre o que cómpre reflexionar, como valora o adestrador muradán Fran Figueroa.

Mentres, nas Eiroas, chegabado Gr.2 e as xogadoras de Carballo estaban dispostas a poñerlle as cousas difíciles ás cambresas, pero os fallos defensivos e a falta de acerto condenaron ao Bergantiños ante un serio rival.

Esta semana non houbo ligas de FSF por mor dos adestramentos das Seleccións Galegas sub-17 e sub-19, para preparar os campionatos de España de seleccións autonómicas que se celebrarán en Galicia do 2 ao 6 de xaneiro. A xogadora do Fisober Nuria Pose xa participou este luns nun adestramento coa selección galega Sub-17.

 

2ª Galicia, Gr.3, xornada 5

  • Resultado: At. Estrada - As MIúdas (1-6)
  • As Miúdas: Laura, Gala, Isa, Antía, Martina, Noe, Leti, Sandra, Marta, Bárbara e Pati. Tamén xogaron: Natalia, Paula e Lucía.

Plagadas de baixas viaxaron as As Miudas na Estrada As Miudas na EstradaMiúdas ata a Estrada para disputar o choque, e aínda así barreron do campo ás locals, que non apareceron en escena durantat toda a primeira metade. Así e todo non foron os mellores 45 minutos das muradás, que abusaron do patadón e que se contaxiaron do pouco ritmo das locais.
Bárbara, como non, avisaba pronto, pero era Pati a que abría o marcador aos 8 minutos. Un tanto en propia meta a centro de Leti, ampliaba a renda, pouco antes de que as locals recurtaran na únicha chegada á área de Laura.

Pero non parecía correr perigo o partido, se ben marchouse con 1-2 ao descanso. Sentoulle ben o parón ás de Fran e Fer, que saíron dispostas a tratar mellor o balón na segunda. Pronto Marta facía o terceiro cunha fermosa volea, Antía o cuarto cun zapatazo lonxalo, mentres Bárbara e Noe seguían intentándoo e tanto vai o cántaro á fonte que xa nos últimos minutos primeiro unha e despois outra finiquitaban o set.

 

2ª Galicia, Gr.2, xornada 5

  • Resultado: Bergantiños - Sporting Cambre (1-4)
  • Bergantiños: Jessi, Rabuñal (Eva, m.65), Paula (Ale, m.70), Sabrina, Seo, Lore, Torrado (Marta, m.55), Andrea (Canosa, m.45), Isa (Fra, m.45), Tamy e Noe.

O primeiros minutos eran de dominio das visitantes pero era Tamy a que tería a ocasión máis clara nun man a man coa porteira visitante, pero o balón iríase fóra. Cousas do fútbol, na seguinte xogada adiantábanse as visitantes cun disparo desde a frontal na primeira chegada a portería. As xogadoras de Gueli terían máis ocasións claras para empatar pero nin Tamy en dúas ocasións, nin Noe estarían acertadas de cara a gol.

Mediada a primeira parte chegaba o segundo gol visitante ao aproveitar un despiste da defensa local. Pouco antes do descanso Tamy, por fin era capaz de facer gol e meterse no partido para a segunda parte.

Trala reanudación o Cambre busco marcar rápido e sentenciar o partido e atopouse cun Bergantiños que daba moitas facilidades en defensa. Paula e Ana marcaban nos minutos 65 e 68 aproveitando o desacerto da defensa carballesa. As vermellas apretarían nos minutos finais pero tampouco era o día das atacantes. Finalmente xusta vitoria das visitantes (que levan 5 de 5, que sacaron proveito dos fallos das carballesas, que quedan con 4 puntos.

 

Toda a info do Fútbol Feminino costeiro

  https://quepasanacosta.gal/ff-as-miudas-baixan-do-carro-ao-xuventu/

Comentarios