Sábado. 11.05.2024
El tiempo

FF: Loita na zona morna

FF: Loita na zona morna
As Miudas ante o Aguino-Foto-Chema Caamano As Miúdas ante o Aguiño no Eleuterio Balayo-Foto-Chema Caamano

Recuperou a senda da vitoria o cadro das Miúdas tras 3 derrotas consecutivas. E o fixeron aproveitando unha expulsión tempraneira da porteira do Aguiño, que provocou un choque bronco pero relativamente cómodo. Tres puntos que lle permiten ás muradás ascender á 6ª praza, empatadas co Unión, co que loitará pola 5ª praza (as 4 primeiras van destacadas), pero estando ademais outro 4 equipos nun pano de apenas 2 puntos.

Por Carballo, o Bergantiños fixo un gran partido ante a visita do Unión, e puideron sacar algún punto, pero a efectividade rival deixou ás carballesas sen premio e con demasiados goles no peto. O equipo encadea 5 partidos sen gañar pero se mantén na zona morna, na 8ª praza.

 

2ª División, Grupo 2, xornada 14

  • Resultado: As Miúdas - Xuventú Aguiño (2-0)
  • As Miúdas: : Julia, Yaiza, Gala, Isa, María, Antía, Leti, Sara Cubelo, Marta, Bárbara e Pati. Tamén xogaron: Natalia, Iria, Melodi, Irea e Sara Romero.
  • Goles:1-0, m.16: Pati; 2-0,m .71: Pati.
Antia das Miudas ante o Aguino Antia, a capitana das Miúdas-Foto-Chema Caamaño

Chegaba ao Eleuterio Balayo un Xuventú Aguiño practicamente empatado na táboa. En fronte, tiñan unhas Miúdas que seguen sufrindo moitas baixas pero que recuperaban a Leti, unhas das líderes morales do vestiario muradán.

O choque comezaba igualado, disputado, cunhas muradás enchufadas. Bárbara avisaba moi pronto, co equipo volcado en campo contrario, e noutra internada de Bárbara a pase de Leti, a meta visitante paraba a acción ca man fóra da área, sendo expulsada. O dominio, xa ante 10 xogadoras, pronto se viu recompensado e Pati abría o marcador.

Calmábase o choque, e se voltaba máis trabado, sen apenas ocasións, se ben eran as de Aguiño as que máis preto tiñan o empate, a pesar de estar cunha menos.

Na segunda comezaba o cadro local de novo metido arriba. Pasaban os minutos co resultado curto ata que Pati facía unfermoso gol mentres as visitantes protestaban o fóra de xogo posicional dunha Natalia que non fixo por disputar o balón.

De aí o final o partido virou máis bronco, pero sen perigar a vitoria.

Adestradores das Miudas Adestradores das Miúdas-Foto-Chema Caamaño  

2ª División, Grupo 1, xornada 18

  • Resultado: Bergantiños - Unión Campestre (0-3)
  • Bergantiños: Lucia, Rabuñal, Torrado, Seo, Eva, Lore, Noe, María, Isa, Lucía Canosa, Sabrina. Tamén xogaron: Cambón, Alejandra, Paula, Lydia, Tamara.

Bo partido o disputado entre dous equipos moi competitivos, que brindaron un bonito partido aos espectadores que se achegaron ao campo de fútbol As Eiroas nesta fría mañá de inverno. Malia o que reflicte o marcador, o resultado debeu ser máis axustado, pero o Campestre demostrou máis efectividade que o Bergantiños.

Nos primeiros minutos non houbo moitas ocasións e si moito respecto entre os dous equipos. A partir dos primeiros 15 minutos, as carballesas empezaron a crear perigo con algunha combinación ou algún balón parado. As visitantes lanzaban unha falta ao pau e no minuto 25 da primeira parte Noe, xogadora do Bergantiños, non puido aproveitar un barullo no área. Ao volver do descanso o Unión Campestre tivo algunha ocasión clara con perigo á portería que defendía Lucía.

No minuto 55 da segunda parte tras un despiste defensivo o Unión Campestre adiantábase no marcador gol que marcaba Jessica para o Unión Campestre. Logo diso as locais crearon algunha ocasión con perigo, pero sen acerto.

No minuto 66 o Unión Campestre marcaba o segundo gol, gol que marcaba o seu goleadora Lorena Filloy tras un pase entre liñas que aproveitou moi ben a xogadora, e no minuto 73 chegaba a sentenza no marcador gol que volvia a marcar Lorena tras un despiste atrás que lle quedo un balón morto dentro do área e poñía o 0-3 no marcador.

 

Crónicas da tempada do Fútbol Feminino

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios