Domingo. 19.05.2024
El tiempo

Esperando polo camión do DNI

Esperando polo camión do DNI
dni_foto

Seguimos esperando polo camión. O da ITV ca o conseguimos aparcar definitivamente na zona, pero o do DNI, ou o da Resonancia Magnética, aínda non. Aínda tempos que esperalos.

Hoxe, varios concellos nos contan que xa hai datas para a visita do camión en 2015. É dicir, que temos que fixar xa data para a renovación.

Por exemplo, o concello de Vimianzo informa aos veciños e veciñas de Vimianzo que o equipo Móbil de expedición do DNI nos municipios da provincia da Coruña estará en Vimianzo dos día 13 ao 21 de abril de 2015 para efectuar a expedición do documento. Os veciños e veciñas que queiran renovar o DNI deben inscribirse no rexistro do Concello de Vimianzo, xa que a unidade móbil só atenderá a aquelas persoas inscritas previamente, cun cupo diario de 55 solicitudes.

Por Ponteceso a cousa vai máis apurada, e esrarán só os días 23 e 24 de marzo do 2015, así que caduca o DNI en 2015, xa estades reservando cita no Concello de Ponteceso ou no 981 71 40 00.

No resto, pregunten nas súas oficinas municipais.

Fonte

Comentarios