Venres. 29.03.2024
El tiempo

“En Galicia, as mulleres do mar somos pioneiras en unirnos”

“En Galicia, as mulleres do mar somos pioneiras en unirnos”
Ángeles Millé é a Presidenta da Asociación de Redeiras o Fietal de Malpica e a Secretaria da Asociación Nacional de Mujeres de la Pesca (Anmupesca) Ángeles Millé é a Presidenta da Asociación de Redeiras o Fietal de Malpica e a Secretaria da Asociación Nacional de Mujeres de la Pesca (Anmupesca) E non é que o digamos nós. Dío unha das mulleres que máis coñece o asunto de toda a península. Ángeles Millé, Presidenta da Asociación de Redeiras o Fietal de Malpica, é a Secretaria da Asociación Nacional de Mujeres de la Pesca (Anmupesca), formada o pasado mes de maio, e que conta con colectivos femininos vencellados ao mar en Galicia (por suposto, a máis numerosa), Asturais, Cantabria, Valencia e Andalucía. ”Somos mariscadoras, redeiras, transformadoras do peixe, de pulpo, armadoras… Intentamos aglutinar a todas as mulleres que pertencen o sector do mar para velar polos nosos intereses sobre todo en temas de igualdade, como ter as mesmas condicións socio-laborais, económicas, coeficientes redutores…”, explícanos Ángeles. ”As outras comunidades aínda teñen moitos pasos que dar para chegar á nosa altura, e para iso tamén traballamos na Anmupesca”, explica. Esta semana, Ángeles deixou a súa Malpica para viaxar ata Valencia, e manter unha reunión coa Generalitat. Unha visita para negociar certos puntos e para asegurarse de que os colectivos que representan están sendo ben atendidos polas administracións da súa comunidade. A malpicá Angeles Mille e a cormelá Rosa Rodríguez nunha reunión coa Xunta A malpicá Angeles Mille e a cormelá Rosa Rodríguez nunha reunión coa Xunta A entidade, da que é presidenta Rita Míguez de lana Iglesia, de la Asociación de Mariscadoras de Virgen del Carme de Arcade (que tamén viaxou a Valencia) conta na directiva con outra costeira, a activa Rosa Rodríguez Vidal, da Asociación Illa da Estrela de Corme. Ambas participaroin o pasado mes de xullo nunha reunión coa secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, na que expuxeron posibles proxectos nos que Xunta pode axudar a levar a cabo. Ademais, a Secretaria confirmou que vai axudar a esclarecer datos tan importantes e que nunca se teñen colleitado como cal é a aportación á economía do país do colectivo feminino do sector do mar. Aquí vos deixamos cunha boa entrevista a Ángels do pasado ano como presidenta do Fieital:

Novas sobre as redeiras

Fonte

Comentarios