Empresarios de Bergantiños participaron na creación do Plan de Turismo na terceira mesa de traballo da CMAT
14:06 28/05/18
Mesa de traballo celebrada en Carballo
A cita de Carballo puxo fin á primeira serie de contactos directos co sector turístico artelladas pola CMAT para elaborar conxuntamente o Plan de Turismo da Costa da Morte, ca colaboración dos concellos do xeodestino, APTCM, numerosas empresas turísticas locais e outras entidades supramunicipais. Foron 3 mesas de traballo público-privadas ás que acodiron un centenar de axentes. Á última, celebrada este luns na Biblioteca Rego da Balsa, acodiron 40 persoas da comarca de Bergantiños.
As sesións serviránlle á CMAT, para obter información relevante sobre as necesidades do sector, as súas prioridades, as súas propostas e a visión sobre o destino de Costa da Morte a corto, medio e longo prazo.
Dende a entidade valoran a presencia de empresarios, unha vez que alcaldes, concelleiros e técnicos teñen confirmada sempre a súa aprticipación nestas citas. Neste caso participaron, entre outros, reprensentantes de establecementos de toda a bisbarra: Buceo Malpica, Centro Comercial Aberto, Balneario de Carballo, Artsurfcamp, Surf Carballo, Playa de Laxe, A Torre de Laxe, Fonte de Fraile, As Garzas, Hostal Panchito, Pensión Teima, Casa do Caseiro, Casa de Lelo, Restaurante Río Sil, Casa Lugar de Trasande, A Ventana, O Ben me sabe, Taberna O Lesto, Casa do Caseiro...