Xoves. 28.03.2024
El tiempo

De Zas á Ponte do Porto para ver ao pediatra

De Zas á Ponte do Porto para ver ao pediatra
Centro-de-SAude-de-Zas Imaxe do Centro de Saúde de Zas Cando Vanessa Camafreita nos contaba pormenorizadamente cales son as consecuencias dos recortes no servizo de pediatría no Concello de Zas, deixaba clara a problemática. Este pasado martes 13 de novembro tivo lugar a escenificación da situación real á que se enfrontan ducias de familias do concello zaseiro, e doutros numerosos puntos da bisbarra, onde os recortes son semellantes, provocando que concellos diferentes compartan profesionais e teñan menos horas de atención. Un pai acodía arredor das 10:00h da mañá ao centro de saúde de Zas coa súa filla, que presentaba unha dor abdominal aguda. Ao non atoparse a pediatra na consulta neses momentos (o horario de atención, repartido entre os centros de saúde de Zas e Baio, é de 12:00h a 15:00h), a administrativa do centro de saúde, cumprindo en todo momento co protocolo establecido, falou coa ATS de pediatría para a valoración do caso. A ATS derivou o caso ó pediatra máis cercano, neste caso o da Ponte do Porto (Camariñas). “Por sorte, a nena está ben. Pero nese traxecto de case 30km estase perdendo un tempo esencial para a saúde e a vida da menor”, valora Camafreita, voceira da Plataforma Zas sen recortes en Pediatría. De feito, a coordinadora da Plataforma veciñal esixe “explicacións do sucedido, posto que na reunión que mantivemos co señor Luis Verdes (xerente da Área de Xestión integrada de A Coruña) deixounos claro que en casos como estes, o médico de cabeceira ten a obriga de atender ós nenos”, explica. En todo caso a Coordinadora non pon en dúbida a profesionalidade de ningún facultativo do centro e achacan o sucedido aos recortes que sofre o servizo de pediatría dende o mes de xuño. “Porque este feito ou outros que podrán chegar non pasarían se tivesemos un sanitario 35 horas á semana”, reitera a Plataforma.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/un-viral-zaschallenge-para-seguir-loitando-por-un-zas-sen-recortes-en-pediatria/ https://quepasanacosta.gal/queremos-pensar-que-se-conseguimos-recuperar-o-pediatra-en-zas-estamos-axudando-a-outros-lugares-que-tenan-o-mesmo-problema/ https://quepasanacosta.gal/zas-sae-a-rua-por-unha-sanidade-publica-digna/ https://quepasanacosta.gal/a-falta-de-pediatras-o-insan-costume-do-sistema-sanitario-galego/ https://quepasanacosta.gal/o-concello-de-zas-denuncia-o-mal-funcionamento-do-servizo-de-pediatria-nos-seus-centros-de-saude/

Comentarios