Corcubión salvou ás aldeas gracias a outra xestión do bosque
10:35 12/03/18
Quedou pequeno o Auditorio do Pilar de Corcubión na mesa de Boca do Sapo-Foto-Senén Insua
Inesperado éxito de participación o que viviu a Asociación Boca de Sapo no seu primeiro evento. O auditorio do Pilar quedou pequeno, demostrando que hai moita xente interesada en falar sobre a xestión do monte. Moita xente de Corcubión, pero tamén de Carnota, Muxía, Vimianzo, Dumbría… achegáronse para tomar nota de como o monte pode salvar a vida rural contra o despoboamento. Ben é certo que se botou de menos a algún propietario, e iso que estes foros están pensados precisamente para eles, e nunca contra eles.
Foron tres clases maxistrais de tres poñentes que chegaban cas cousas moi claras, cunha linguaxe moi directa e pouco técnica, que conectaron moi ben ca xente, e permitiron que se alongase o turno de preguntas e comentarios. Un xeito ideal de ir tecendo redes, e poñer en valor a iniciativa cidadá. "Non é política, simplemente ganas de facer cousas", reflexionan os organizadores.
Todo arredor desa idea de salvar a aldea demograficamente, e preparalas para defenderse dos lumes. “Se a xente soubese que hai máis alternativas a plantar un eucalito, seguro que quedaba máis xente, que tamén é difícil subsistir en Madrid ou Barcelona, e temos que poñer en valor a calidade de vida das aldeas”, valoraban.
Francisco Santiago Lopez presentando a mesa de Boca de Sapo sobre a xestión do Monte-Foto-Senén Insua
Abríu a quenda de poñentes Jesús De La Fuente Villas, Enxeñeiro de Montes. Profesor de Formación Pofesional Forestal (Lourizán), que falou da defensa contra os lumes, sobre como se debe argallar a paisaxe en torno a unha aldea para loitar contra os lumes. De la Fuente falou da súa experiencia na comundade de montes de Froxán, que quere rehabilitar 100 hectáreas de monte (case como todo o monte corcubionés) e como están quitando pouco a pouco eucalitpos e prantando frondosas de xeito paulatino. Un plan que se combina ademais con accións sociais como unha campaña de crowfunding, ou a presencia en galardóns internacionais.
O Enxeñeiro de Montes e experto en Xestion Forestal Marcos Ferreira foi en encargado de poñerlle nome ao despoboamento do rural, e falou en clave local sobre a súa experiencia nunha aldea na que el vive na Pobra do Brollón, onde só viven unha ducia persoas. Repasou problemas concretos como o de manter limpo o monte se a propietaria é unha señora maior sen descendencia, e como o cooperativismo e a solidariedade son fundamentais en comunidades rurais.
O antropólogo Joam Evans explicou o traballo da Sociedade Coluna Sanfins (Lousame).
Marcos Ferreira, Jesús de la Fuente e Joam Evans con Francisco Santiago López na Mesa debate -Foto-Senén Insua
Máis citas
”Hai que facer máis cousas destas”, coincidiron os membros da entidade organizadora, que valoran a idea dun dos poñentes de facer albaroque para coidar e disfrutar do monte, que consiste nunha boa limpeza e despois unha festa con actuación.Novas relacionadas
- A #ILPdoBosque recibe o apoio aos alcaldes de Bergantiños.
- 60 organizacións de toda Galicia lanza unha ILP contra a invansión dos eucaliptos.
- Corcubión declárase como “Concello libre de eucaliptos”.
- Francisco Santiago López: “A inundación de eucaliptos en Galicia é un verdadeiro un desastre medioambiental”.
- Unha Boca de Sapo para que Corcubión se declare “Libre de Eucaliptos”.
- A futura carballeira de Laxe.
- “Se prantamos, ao planeta axudamos”.
Artigos sobre os incendios
- Onde está a orixe da vaga de incendios?.
- Onde está a orixe da vaga de incendios?.
- Desprofesionalizando o Servizo contra incendios dende o primeiro eslabón da extinción.
- A Deputación da Coruña implantará a Xestión Directa dos Parques de Bombeiros.
- Por que os lumes queiman agora máis hectáreas ca nos noventa?.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).