Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Consternación e repulsa ante o asasinato de violencia de xénero de Canduas

Consternación e repulsa ante o asasinato de violencia de xénero de Canduas
Minuto de silencio na Delegacion do Goberno en Galicia polo asasinato de violencia de xenero en Canduas Minuto de silencio na Delegacion do Goberno en Galicia polo asasinato de violencia de xénero en Canduas Consternación en toda a Costa da Morte, en toda a provincia e en todo o estado ante o novo caso de violencia de xénero que acabou onte coa vida dunha muller de 50 anos en Canduas, Cabana. Ana B. Varela Ordóñez era asasinada polo seu marido. É este o terceiro caso de violencia de xénero que se dá en Galicia no que vai de ano, como confirmaba esta mañá o delegado do goberno en Galicia, Javier Losada, despois de manter un minuto de silencio. O goberno confirmou ademais que o autor do asasinato non tiña licencia para portar o revólver, e que non había denuncias previas por malos tratos se ben a parella, con dous fillos, estaba en trámites de separación. En España, dende xaneiro xa son 26 as mulleres asasinadas por violencia de xénero, alcanzándose as 950 desde 2003. A Delegación aproveitou para recordar que todas aquelas vítimas de violencia de xénero, así como as persoas próximas ás mesmas, dispoñen do teléfono gratuito 016 para realizar denuncias sobre estes feitos. Estas chamadas non quedan rexistradas en ningunha factura pero é conveniente borralas do listado de chamadas efectuadas. Mentres a bisbarra segue conmocionada polo suceso.

Repulsa da Xunta

A Xunta realizou un minuto de silencio este mediodía amosando a súa condena polo asasinato. concentracion de condena polo crime cometido en cabana de bergantiños Concentracion em Sam Caetano de condena polo crime cometido en Cabana de Bergantiños

Concentracións

A Marcha Mundial das Mulleres convoca concentración ao longo de toda Galicia para este martes 21 de agosto co lema "O Machismo Mata. Basta de Feminicidios". Na zona, a cita será na praza do Concello de Carballo ás 20:00h. Aí estará o Círculo Feminista de Carballo, mentres que as Buseranas, disgregadas estes días de vacacións pola xeografía do país irán persoalmente ás concentracións das vilas galega.  

Repulsa de Esquerda Unida

Un dos primeiros comunicados de recibirmos foi o de Esquerda Unida, que “manifesta a súa condena o asasinato machista”. “A lacra do machismo precisa de medidas reais que poñan solución a unha situación que a diario está a ser denunciada por mulleres que a sofren. Non é posible soportar un asasinato máis. “A alerta vermella hai tempo que está activa e precisamos con urxencia políticas reais e efectivas para erradicar o machismo, en todas as súas facetas, das nosas vidas”. Así mesmo, a Marea Feminista lamenta os feminicidios desta fin de semana e ademais critica o tratamento mediático dos casos de violencia machista. A Marea aproveita para sinalar que "os medios de comunicación xogan un papel esencial no tratamento dos casos de violencia machista, e lamentablemente, a pesares das guías de boas prácticas, as sesións formativas…, a día de hoxe, a realidade é que moitos medios reproducen un enfoque patriarcal, centrando as novas en victimizar aos asasinos (con aspectos como que estaban deprimidos, non tomaban a medicación, etc.) ou desviando o foco de atención a elementos alleos á propia incidencia". "Os medios de comunicación informan, fan ideario colectivo, deben ser rigorosos. É inaceptable que se cuestione nos medios sistematicamente ás vítimas mentres se xustifica aos agresores. É inaceptable que se cuestione ás mulleres por tentar librar ás crianzas de agresores, pois os maltratadores non son bos pais. Non caben escusas para os crimes machistas. Non é de recibo buscar a compaixón cos asasinos machistas", sentenzan.  

Repulsa dos Concellos da volta

Ante o novo feminicidio acontecido onte no Concello de Cabana de Bergantiños, “o Concello de Corcubión quere expresar o seu máis sentido pesar á familia da vítima e convoca a cidadanía corcubionesa a unha concentración na porta principal da Casa do Concello, mañá martes, 21 de agosto, ás 12.00 horas para gardar un minuto de silencio como acto de rexeitamento do asasinato de Ana B. Varela Ordóñez”. ”Tolerancia cero contra a violencia de xénero porque o machismo mata!!!!!. Nin unha menos”, sinala a Concelleira de Muller e Igualdade de Corcubión, Manuela Fernández Louro. Así mesmo, o “Concello de Zas tínguese de negro para expresar o seu profundo pesar polo acto de violencia machista que tivo lugar onte á tarde en Canduas e manifesta o seu rexeitamento contra calquera tipo de violencia”.

Concentracións silenciosas

concentracion-silenciosa-carballo Belén Lendoiro, alcadesa de Carballo en funcións, ratificou a repulsa a este novo crime machista Concellos como os de Vimianzo e Carballo celebraron esta mañá cadansúa concentracións silenciosa repulsando este crime. Belén Lendoiro, alcaldesa de Carballo en funcións, mostrou “a nosa repulsa a un novo crime machista, que ademais tócanos moi de preto”. No acto participaron numerosos veciños e veciñas, traballadores/as do concello de Carballo e representantes dos grupos políticos municipais. A concentración rematou cun aplauso. A praza do Concello volverá a converterse mañá no punto de encontro de todas as persoas que queiran manifestarse contra a violencia machista, xa que para as 20 horas está convocada no noso concello, por parte da Marcha Mundial das Mulleres, unha das numerosas concentracións que se celebrarán paralelamente en toda Galicia. concentracion-vimianzo A praza do Concello de Vimianzo acolleu esta mañá unha concentración silenciosa en sinal de repulsa do crime de onte de Canduas

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/falece-unha-muller-en-canduas-por-un-posible-caso-de-violencia-de-xenero/

Comentarios